viernes, 15 de octubre de 2010

Nova Ubicación

Dende o dia de hoxe, e debido as dificultades de mantenimiento da paxina, poderedes encontrar toda a información e datos necesarios sobre o noso equipo, na paxina de Facebook, Club Ribeira F.S. Aqui encontrareis toda a actualidade do Ribeira Futbol Sala nesta nova temporada 2010-2011.

viernes, 8 de octubre de 2010

Sen Carburar

O Ribeira de Piquin F.S, caeu derrotado por 2 goles a 3 no pavellón da Pontenova, diante do Begasucesa de Fene, en encontro correspondente a xornada 2 de Primeira Nacional B.
Nun encontro dominado en todo momento polo equipo ribeirense, as ocasións desperdiciadas condenaron ao equipo de Fernando a unha inxusta derrota, diante dun equipo moi ben ordenado e posicionado na pista, que se levou a victoria a falta de 17 segundos para o final do mesmo. A nota mais negativa do partido, foi a lesión de Gerardo, que case con toda seguridade, dice adeus a temporada, unha baixa moi significativa para o equipo do Ribeira.

Ficha do Encontro:

RIBEIRA F.S. Victor(p), Paco (1), Mendez, Gerardo e Kiko (1) (cinco inicial), Jordi, Donino, Aaron, Kike e Josito.
BEGASUCESA Alberto, Gerueno, Daniel (1), Francisco, Juan A. (cinco inicial), Pablo, Rafael (1) Sergio (1) Borja e Raul
ARBITROS: Gómez Arias e Jesus Trebolle do colexio lucense. Amosaron cartóns amarelos os lacais Kiko e Paco e os visitantes, Juan A. e Borja.

Mañan Sábado o equipo desplazase a Estrada, para medirse o Cerdedo, en encontro vital para calquera dos dous equipos, os cales ainda non puntuaron na competición. O encontro dará comenzo as 19 horas.

martes, 28 de septiembre de 2010

Mal Inicio

O Ribeira F.S non puido empezar con bon pe a sua andaina pola nova categoría de Primeira Nacional B, logo de perder no pavillon do Bañadoiro, por 7 goles a 5, diante do Pereira Vilamartin Futbol Sala. Un mal inicio de primeiro tempo, no que o equipo local chegou a poñerse 4 a 0, condenou ao Ribeira a posible remontada. O resultado no descanso foi de 5 goles a 2. No segundo tempo, o Ribeira chegou a poñerse 6 a 4 no marcador, pero de novo volveria a incrementar a ventaxa o equipo de Vilamartin. Finalmente 7 a 5, nun encontro marcado polos excesivos errores individuais en todas as líneas, a falta de puntería e dun inicio moi frío de partido, que deu unha victoria merecida para o equipo da comarca do Valdeorras. Destacaron polo Ribeira Gerardo e Méndez.

Ficha do Encontro:

VILAMARTIN F.S. Andres (p), Leonardo (2), Alfonso, Alejandro, David (1) (cinco inicial), Juan (2), Luis (1), Diego (1), Jose R., Pepe (p.s).
RIBEIRA F.S. Dani(p), Paco (1),Aaron,Gerardo(2) y Josito(1) (cinco inicial), Carlos(p.s), Donino, Méndez, Jordi(1) y Jandro.
ARBITROS: Vázquez Castellanos y Vilas López do colexio ourensano. Expulsaron polo equipo local os xogadores Pepe e Alfonso e Dani polo Ribeira, mostrando tarxetas amarelas a Ivan polos locais e Paco, Jordi e Méndez, polo Ribeira.

O Ribeira xoga o seu primeiro partido como local, este Domingo as 12.30 da mañan, no pavellón da Pontenova, ante a remodelación e obras que esta a sufrir o pavellon de Meira. O rival será o Unidade Fene, un equipo que ben de perder na sua primeira xornada na casa, por 1 a 2, diante do Ventorrillo.

viernes, 24 de septiembre de 2010

Inicio en Vilamartin

O Ribeira Futbol Sala desplazase este Sábado a Vilamartin (Ourense), donde fará o seu estreno na categoría de Primera Nacional B, medindose ao equipo anfitrión, o Pereira Vilamartin F.S. A lista de convocados para o encontro estará formada por Dani, Carlos, Méndez, Paco, Aaron, Gerardo, Josito, Jandro, Donino e Jordi. O Encontro dará comenzo as 18 horas no pavellón Municipal O Bañadoiro.

viernes, 17 de septiembre de 2010

CLASIFICACION HISTORICA

Saltou a sorpresa en Meira e o Ribeira conseguiu doblegar o Parrulo de Ferrol (equipo de Primeira Nacional A), por 5 goles a 2, no segundo encontro do grupo A, da copa Xunta de Galicia. Aparte da victoria conseguida, o equipo consiguiu a clasificación directa para os cuartos de final, como primeiro de grupo, por diferencia de goles, nun triple empate a 3 puntos entre os equipos implicados.

Partido moi serio donde o Ribeira mostrouse sempre unha marcha por encima do seu rival, na que incluso, chegou a desperdiciar moitas ocasións de gol, que puideron facer que o resultado fora moito mais amplo do que realmente reflexa. O equipo pouco a pouco vai collendo o tono e ritmo necesario, para o inicio de competición que terá lugar o dia 25 de Setembro, na pista do Concello de Vilamartin.

Ficha do encontro:

RIBEIRA F.S Dani, Kiko, Paco, Josito e Gerardo; actuando o longo do encontro Aaron, Kike, Jandro e Carlos (p.s)
O PARRULO DE FERROL Chotto, Socastro, Vituco, Bebeto e Locho; actuando o longo do encontro Alejandro.

Goles: 1-0 Gerardo min. 4, 2-0 Paco min. 9, 2-1 Vituco min. 15, 3-1 Paco min. 22, 4-1 Gerardo min. 25, 5-1 Kiko min. 31, 5-2 Bebeto min.34.

Arbitros: Don Andres Vazquez Castellanos e Hector Vilas Lopez, da delegación de Ourense.
Mostraron cartons amarelos os xogadores locais Paco e Kiko, e nos visitantes, Vituco, Bebeto e Socastro. Expulsaron con doble carton amarelo o local Dani.

jueves, 16 de septiembre de 2010

Boas Vibracions na copa Xunta

A mala fortuna e a falta de definición, impediu o Ribeira virse das Pontes con unha merecida victoria na sua visita o Esteo, equipo de primeira Nacional B, no que foi , o primeiro encontro da copa Xunta de Galicia. O resultado foi de 5 goles a 4 a favor do equipo das Pontes. Boas sensacións as que mostrou o equipo ribeirense, no que foi o primeiro encontro de caracter oficial da tempada. Marcaron polo Ribeira Gerardo en 3 ocasions e Iago.

Hoxe disputase o segundo encontro desta copa, na que o Ribeira recibe o Parrulo de Ferrol, equipo que o ano pasado acadou o campeonato de Primeira Nacional A. O encontro dará comenzo as 21 horas no polideportivo de Meira.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Copa Xunta

O Ribeira quedou encadrado no grupo A da copa Xunta de Galicia, emparexado co Esteo das Pontes e co Parrulo de Ferrol. Xa se coñecen datas definitivas de disputa da mesma, na que mañan Sábado, o equipo tense que desplazar a As Pontes de García Rodríguez para medirse o Esteo, encontro que dará comenzo as 18 horas. O seguinte encontro de copa Xunta, xogarase o Xoves 18 de Setembro, no polideportivo de Meira, ca visita dun histórico, o Parrulo de Ferrol, encontro que dará comenzo as 21 horas.

O resto de grupos quedou encuadrado da seguinte maneira
Grupo B: Carballiño, Bembrive e Erichkrause
Grupo C: Mera, Pinturas Brulak e Ventorrillo

Clasificanse os primeiros de cada grupo e os 2 segundos mellores dos mesmos, que se unirán a Autos Lobelle, Azkar Lugo e Burela, no que serías os cuartos de final de competición.