lunes, 28 de septiembre de 2009

Derrota na Coruña


O Ribeira F.S saliu derrotado por 5 goles a 4 na sua visita ao Ventorrillo Caixanova da Coruña. Foi un partido trepidante e emocionante con varias alternativas no marcador e resolvendose nos últimos minutos a favor do equipo local. O certo e que non conseguimos desplegar un bo futbol sala, tiñamos moitas baixas, tendo que convocar algún xogador do equipo filial e ainda asi, merecemos haber sacado algún punto ao remate do encontro. Tamén e certo que o Ventorrillo tamen andaba moi xusto de rotacions e xogadores.
A primeira parte foi bastante igualada, na que o Ribeira conseguiria adiantarse no marcador cun gol de Donino a mitad do primeiro tempo. O Ventorrillo cargouse rapidamente de faltas, e tivemos a oportunidade de ampliar a ventaxa nun tiro directo sin barrera moi ben aturado por lo porteiro. Empataría o Ventorrillo cun gol de fortuna a falta de 10 segundos pra o remate, cando un rexeite en longo do porteiro do Ventorrillo sería peineado ca cabeza por un xogador colandose na porteria defendida por Carlos. Con empate a 1 remataria o primeiro tempo.
Na segunda parte o Ribeira saliu moi descentrado e descolocado, recibindo dous goles practicamente consecutivos nos primeiros 5 minutos e cargandonos cas 5 faltas no minuto 8 do período. Nunha boa combinación entre Ismael e Paco, este faría o 3 a 2. Quedaba moito partido por diante, cando nunha contra Ismael faría o 3 a 3. Non tardaría o Ribeira en darlle a volta o partido cun tiro de fora de area de Luis o cal poñería o 3 a 4. Ambos equipos afrontarían os últimos minutos do partido con moito cansancio físico, ante a falta de rotacións. A falta de 5 minutos o Ventorrillo teria a primeira oportunidade de empatar o partido cun dobre penalti atallado por Carlos. Un minuto mais tarde noutro dobre penalti, o Ventorrillo acadaria o gol do empate, pra que a falta dun minuto e medio conseguira o gol da victoria nunha contra ben finalizada. Ainda asi teríamos o gol do empate a 25 segundos do final, nun dobre penalti ben atallado polo porteiro do Ventorrillo.
En definitiva mal sabor de boca nun partido igualado e axustado por parte de ambos equipos.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Donino (24), Paco (5) , Ismael (7) e Felipe (10), quedando no banco Abelenda (3), Luis (4) e Javier (12).

O siguiente partido será no pabellón da Fonsagrada, contra un rival moi duro, o Concello de Arzúa, equipo descendido de Primeira Nacional B.

lunes, 21 de septiembre de 2009

Bon estreno

O Ribeira F.S estrenouse cunha merecida victoria por 6 goles a 4 diante do FS Cedeira, probablemente un dos equipos gallitos da categoría. O triunfo ten doble mérito, debido o número de baixas co que se afrontaba o partido. Adiantouse o Cedeira cun gol a mediados do primeiro tempo, pero a falta de 1 minuto para o descanso Paco de falta e despois de xogada personal conseguiria darlle a volta ao marcador. No segundo tempo saliu moi forte o Ribeira, e aunque o Cedeira tivo o gol do empate nun man a man con Javi que solventou ben, en 5 minutos máxicos, Paco en 2 ocasións e Kiko poñerían o 5 a 1 no marcador, ante a impotencia do equipo de Cedeira. Foi a partir deses momentos, cando o Cedeira sacou o porteiro xogador, e na que entre o acoso do rival, o cansancio fisico, e a mala sorte nosa cos tiros a porteria vacia, apretaron un pouco poñendo o 5 a 3. Nun roubo e ca porteria vacia, Kiko volvería a poñer a tranquilidade co 6 a 3, pra que no último minuto o Cedeira fixera o 6 a 4 definitivo co que remataría o partido.
Manolo formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Borja (6), Ismael (7) e Felipe (10), quedando no banco o porteiro suplente Javi (23) e Kiko (14).
Gran inicio e a esperar o siguiente partido diante do Caixanova Ventorrillo, o Sábado 26 na Coruña.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Comenza a temporada 2009-2010

O Ribeira F.S comenzará a temporada o Sábado 19 de Setembro, contra o F.S Cedeira. O encontro comenzará as 20 horas, e será xogado no pavillon de Fonsagrada, debido a que o polideportivo de Meira está en obras, e non se poderá facer uso das instalacións ata mediados de Octubre.
O equipo pra presente temporada reforzouse cos xogadores procedentes do Congelados Egea Javier, Ismael e Borja.. Tamen sufre modificacións o posto de adestrador, xa que este ano será dirixido o equipo por Manolo. Polo contrario causan baixa no equipo Luis e Buján. A plantilla queda formada desta maneira con Carlos, Iago e Javi (porteiros) e Iago Méndez, Kiko, Paco, Gerardo, Luis, Felipe, Abelenda, Pablo, Rancaño, Javi, Jorge, Ismael e Borja.