viernes, 26 de febrero de 2010

Volve a Competición

Logo dun parón de 10 dias sin xogar e unhos dias bastante complicados, este Sábado volve a Liga para o Ribeira, que necesita acadar os 3 puntos en Meira, para poñer fin a racha de 2 empates consecutivos na casa, diante do Ventorrillo e Castro. O rival que terá en frente será o Muebles Jogafan de Ordes, actual pechacancelas da taboa, un rival se cabe ainda mais perigoso, que non lle vale mais que a victoria para tratar de sair do pozo. Salvo contratempos de ultima hora e ca dubida de Javi, o mister Fredi terá a disposición o total do plantel. O encontro dará comenzo as 18 horas.

miércoles, 17 de febrero de 2010

Victoria importantisima en Melide

O Ribeira F.S acadou 3 puntos moi importantes na sua visita a dificil cancha de Melide, en encontro anteriormente aprazado polo temporal de neve, con un partido moi completo por parte de todos os xogadores e que fixo que se esquecera o mal xogo amosado na anterior xornada co Castro.

Dende o primeiro momento o Ribeira foi a polo encontro e amosou un futbol sala de moita garra e coraxe que fixo que no minuto 3 Gerardo puxera o 0 a 1 no marcador. Este gol sentou como un xarro de auga fria para os locais, e un minuto mais tarde no 4, novamente Gerardo incrementaria a ventaxa co 0 a 2. No minuto 10, esta vez seria Ismael o que poñeria o 0 a 3. No 15, recurtaria distancias o Melide, con un gol de falta, pero xa no seguinte minuto Kiko apareceria para marcar o 1 a 4. O 1 a 5 seria obra de Donino no 17 e case o acabar o primeiro tempo Abelenda faria o 1 a 6 co que remataria o periodo inicial.

No segundo tempo, a consigna de Fredi era clara, que non se volvera a repetir o do ano pasado cando con unha renta de 5 goles o Ribeira acabara perdendo o encontro na segunda metade. A sorte aliouse no minuto 1 con un gol en propia meta dun xogador do Melide. Parecia que todo estaba para sentencia, pero o Melide non vaixaria os brazos, e no minuto 3 recurtaria novamente co 2 a 7. No minuto 10 novamente o Melide volveria a marcar o 3 a 7. A lesión de Gerardo e o 4 a 7 no minuto 13, fixo poñer algo de inquituede no encontro, pero Kiko no mesmo minuto encargariase de sentenciar o partido co 4 a 8. Finalmente e para rematar o encontro, Ismael no 17 faria o que a postre foi o resultado definitivo, 4 a 9.

Fredi formou de inicio con Javi (23), Donino (3), Ismael (7), Gerardo (8), Felipe (10), actuando ao longo do encontro Kiko (14), I.Mendez (8), Abelenda (2) e Pablo (11).

Con este resultado volvese a incrementar a ventaxa co terceiro clasificado (Mera B), en 5 puntos, a estela do xa intratable Ventorrillo que segue liderando a clasificación. O seguinte encontro diante do Santa Isabel de Outeiro de Rei, foi aplazado por petición nosa, polo que agradecemos a directiva do Santa Isabel o acceder o aplazamiento do mesmo.



martes, 16 de febrero de 2010

Tropezon en Meira

O Ribeira F.S non conseguiu pasar do empate a 2 diante do CFS Castro, no encontro correspondente a xornada 19 disputado no pavillon de Meira. Dende o primeiro momento xa se soupo que non era un bon dia para a escadra ribeireña, na que o exceso de confianza, o mal xogo, as ocasións falladas e o partido serio amosado polo Castro, fixo que o voaran 2 puntos de Meira.
Ainda que o principio do encontro presaxiaba un victoria cómoda co gol de Kiko no minuto 6 e o seguinte de Gerardo no 9, esto non seria nada mais que un espellismo, pois o Ribeira mostrabase moi fallon en ataque e o Castro empezaba a crear varias ocasions de perigo ben resoltas por Javi. Froito dunha delas, recurtaria distancias no minuto 17 o Castro, poñendo o 2 a 1 co que remataria o primeiro tempo.
No segundo tempo a tónica do encontro seria moi semellante, o Ribeira seguia fallando moito diante da porta do Castro e facendo un xogo moi ramplon e sen brillantez. No minuto 11, o Castro lograria empatar o encontro a 2 e ainda que o Ribeira intentouno por todolos medios, incluso dando entrada a Ismael como porteiro xogador e gozando de 2 clarísimas ocasións, o resultado non se moveria.
Fredi formou de inicio con Javi (23), Borja (6), Ismael (7), Gerardo (8) e Felipe (10), actuando ao longo do partido con Kiko (14), Donino (3), I.Méndez (9) e Pablo (11).
Con este traspie, o Ribeira mantense segundo na taboa, ainda que viu recutarda a sua aventaxa co terceiro (Mera) en 2 puntos. Esta tarde disputarase o encontro aplazado polo temporal en Melide, as 18 horas.

miércoles, 10 de febrero de 2010

Victoria clara en Arzúa

O Ribeira F.S venceu con mais facilidades das previstas ao Concello de Arzúa, en encontro correspondente a xornada 18 disputado no pavillón do Viso, en Arzúa.
Nunhos compases de encontro igualados entre ambos equipos, o primeiro gol do Ribeira seria obra de Donino, axustando o balón cun toque suave na porteria do Arzúa. 3 minutos mais tarde, no 12, Paco nun man a man co porteiro local, lograria o segundo gol picando con maestria o balón por enriba do corpo do porteiro. Novamente Paco, no minuto 16 volveria a anotar, facendo o 0 a 3 co que remataria o primeiro periodo.
O segundo período foi algo mais parexo que o primeiro, con ocasións por ambos lados, pero novamente seria o Ribeira o que volveria a anotar, por medio de Donino no minuto 7. Kiko de doble penalti, poñeria o 0 a 5 no minuto 15 e Paco no minuto 16, fixo o seu hat trick, poñendo un claro 0 a 6. A falta de 2 minutos, o Arzúa recurtaria distancias e novamente o Arzúa, a falta de 1 minuto, volveria a marcar facendo o 2 a 6 definitivo, co cal remataria o encontro.

Xogaron polo equipo agora dirixido por Fredi, Carlos (1), Paco (5), Ismael (7), Gerardo (8) e Felipe (10), actuando ao longo do encontro Donino (3), Kiko (14), I.Méndez (8) e Abelenda (2).

Na xornada 19, o equipo xogará como local en Meira o Sábado, nun derbi provincial, facendo visita o CFS Castro, un equipo en postos de descenso, pero moi perigoso con xente experimentada en superiores categorías. O encontro dará comenzo as 19 horas.

En outro orden de cousas, o encontro aplazado entre o Jim Sports Melide e o Ribeira, disputarase o Martes 16 de Febreiro as 18 horas en Melide.

miércoles, 3 de febrero de 2010

Empate con sabor agridulce

O título do post resume claramente a sensación que lles quedou os xogadores do Ribeira ao rematar o encontro diante do Ventorrillo, o cal acabou con empate a 5 goles. No gran encontro da xornada, os dous equipos viñeron dispostos a demostrar a gran temporada que estan a facer, cun gran encontro cheo de ocasións, goles, alternativas e espectáculo. A nota negativa do partido, foi o lamentable arbitraxe ao que se viron sometidos ambos conxuntos, con arbitros dispostos a non deixar xogar e cortar o xogo, basandose nun actitude chulesca, prepotente e provocativa, que acabou perxudicando a ambos equipos. Nun encontro marcado pola deportividade, foron nada mais e nada menos, que 26 faltas, as que se pitaron ao longo do encontro, 13 por cada equipo.

Daria comenzo o primeiro periodo cun Ribeira moi motivado, e cunha presión moi asfixiante que maniatou os da Coruña, con varias ocasións desbaratadas polo porteiro e os paos. No minuto 5 e 7 o adestrador Manolo recibiu 2 tarxetas amarelas e a sua expulsión do encontro, ambas por protestar decisións arbitrais. O Ribeira no minuto 7 xa estaba cargado cas 5 faltas. O encontro empezaba a ser moi parexo, con ocasións por ambos lados. No minuto 12 Iago seria expulsado por dobre amarela despois de cometer unha falta inexistente. Nesa sexta falta, chegaria o primeiro gol do encontro ao dispoñer o Ventorrillo dun doble penalti. No minuto 14 volveria a anotar o Ventorrillo nunha boa contra facendo o 0 a 2. O Ventorrillo tamen chegara o bonus das 5 faltas, pero primeiro Paco e despois Ismael non foron quen de bater o porteiro visitante. Paco no minuto 15 recurtaria distancias facendo o 1 a 2. O Ventorrillo teria 2 novos dobres penaltis para incrementar novamente a diferencia, pero estes seria ben detidos por Carlos. No minuto 18, Borja de dobre penalti bateria por fin a porteria visitante. E a falta de 40 segundos, novamente o Ventorrillo anotaria o gol co que remataria o primeiro tempo, co 2 a 3.

O segundo tempo daria comenzo de maneira distinta o primeiro, cun Ventorrillo mais metido no encontro, e que anotaria 2 goles practicamente consecutivos no minuto 3 e 5, poñendo o 2 a 5 no marcador. No minuto 8 Kiko recurtaria distancia facendo o 3 a 5. E nese mesmo intre, veu a expulsión dun xogador do Ventorrillo por dobre amarela. O Ribeira pouco a pouco empezaba a volver a ter o dominio do partido, e Gerardo no 11 puxo o 4 a 5. Minutos mais tarde, no 15, novamente Kiko marcaria o gol que a postre daria o empate o equipo. Semellaba, que cos 2 equipos novamente cargados cas 5 faltas, o encontro decantariase por un lado ou outro, quedando ainda 5 minutos por disputar. Lamentablemente o cansancio fixo mella nos dous conxuntos, cun Ribeira que queria e non podia e co Ventorrillo facendo perigosos contragolpes, no cal nun deles, a fortuna nos sonreiu ao estrelarse o balón no pao. Empate a 5 goles e reparto de puntos xusto e merecido.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Borja (6), Ismael (7) e Gerardo (8), actuando ao longo do encontro I. Mendez (9), Kiko (14), Donino (3) e Iago (13 p.s).

O seguinte encontro terá lugar en Arzua, o Sábado 6 de Febreiro as 20 horas, no pavillón do Viso, na que se prevé unha das salidas mais complicadas que lle queda o equipo de Manolo antes de rematar a liga.