miércoles, 2 de junio de 2010

SOMOS DE NACIONAL 'B'



O Ribeira F.S ganouse o dereito de participar na temporada 2010-2011 en Primeira Nacional B, pese a empatar a 2 goles diante do Erichkrause de Vigo, e facer boa a ventaxa administrada no partido de ida en terras pontevedresas, de 5 a 6. Non foi un partido fácil o disputado en Meira, cunhas gradas cheas de xente, xa que o Erichkrause plantou cara en todo momento e estivo metido na eliminatoria ata o final do partido.

O primeiro tempo transcurriu cunhos primeiros 5 minutos maxistrales por parte do Ribeira, que gozou de varias ocasións de gol, pero que era incapaz de materializar a sua superioridade ao comenzo. Paos, falta de definición, mala sorte... Pouco a pouco o Erichkrause foise metendo no encontro e empezaba tamen a ter as suas acasións de gol. O primeiro gol do encontro seria obra de Ismael, que no minuto 8, facia o 1 a 0 que parecia dar tranquilidade o equipo local. Seguian sucedendose as ocasións en ambos bandos, ata que a falta de 5 minutos, os visitantes lograrian empatar o encontro, resultado co que remataria o primeiro período. Eliminatoria aberta e todo pendente dos segundos vinte minutos.

No segundo período o equipo do Erichkrause foi a por todas no encontro, asumindo e arriscando en busca do gol. No minuto 7, viria un serio contratiempo para o Ribeira, ca lesión de Ismael, que non poderia voltar a cancha. Aqui virian os peores momentos quizais do Ribeira, na que a boa actuación de Iago impedia os de Vigo poñerse por diante no marcador. Xa co Erichkrause asumindo riscos con porteiro xogador, Kiko dende a sua cancha, faria o 2 a 1 no minuto 13. O Ribeira estaba a esperar ben replegado e creando perigosas contras, pero non era o dia e faltaba o gol. Faltando 5 minutos viria o empate que facia poñer o nerviosismo no equipo local, pero o equipo saberia manter a compostura e defenderia con uñas e dentes este resultado, provocando o extasis e a alegria ao final do encontro.

Fredi formou de inicio con Carlos (1), Donino (3), Borja (4), Ismael (7) e Gerardo (24), actuando ao longo do encontro Jorge (8), Kiko (14) e Iago (13 p.s)

Aproveitar e darlle ánimos a Ismael e desexarlle unha pronta recuperación, asi como tamen a Javi, cun novo contratempo que lle impediu poder estar en Meira.

O equipo remata a temporada co sabor mais dulce que se pode conseguir... Agora toca traballar e moito, para que este esforzo non quede en balde, coa axuda da directiva, empresas e xogadores en xeral, agardemos poder cumplir o soño de dar o salto de categoría para o ano que ben. Non será fácil e estas semanas seran decisivas. De momento só podemos decir... GRACIAS A TODOS OS QUE FIXESTEIS POSIBLE ESTA TEMPORADA!!!