miércoles, 27 de enero de 2010

Enorme segundo tempo

O Ribeira F.S volveu a competición logo de case 2 semanas sen xogar, e acadou unha nova victoria por 2 goles a 11 na sua visita a Cedeira, nun encontro que se fraguou sobre todo, nunha gran segunda metade, na que o Cedeira nada puido facer ante a gran eficacia goleadora visitante.
O encontro comenzaria cun moi bo posicionamente e plantexamiento por parte do Cedeira, con moitos erros nosos defensivos e moi boas salidas ao contragolpe por parte local. Nunhos minutos moi igualados, o primeiro gol non viria ata o minuto 12, cando Kiko dun tiro cruzado, bateria ao porteiro local. 2 minutos mais tarde, no 14, Gerardo incrementaria a ventaxa, facendo o 0 a 2. Con este resultado chegariase o remate dos primeiros 20 minutos.
O segundo tempo daria comenzo dunha forma moi diferente ao primeiro, cun Ribeira moito mellor posicionado e moi metido no partido. Aqui aparecería a figura de Iago Mendez, que acadaria 3 goles consecutivos (min. 4-4-5), poñendo terra de por medio as esperanzas do Cedeira de darlle a volta ao marcador. Ao seguinte minuto, no 6, Gerardo acadaria o segundo na sua conta, facendo o 0 a 6. Recurtaria distancias o Cedeira no 7, co 1 a 6. No minuto 9, Ismael faria o 1 a 7 cun gol que se colou pola escadra esquerra da porteria local. O 1 a 8 seria obra de Donino no minuto 15. Nese mesmo minuto, volveria a recurtar o Cedeira, nunha accíon de infortunio no saque dun corner. Novamente no 15, Donino faria o 2 a 9. No 17 Kiko o 2 a 10, e remataria o encontro co ultimo gol do Ribeira no minuto 19, obra de Felipe.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Ismael (7), Gerardo (8) e Iago Mendez (9), actuando ao longo do encontro Donino (3), Kiko (14), Felipe (10) e Iago (p.s 13).

Salientar nesta xornada o tropezo do Mera B, que cedeu un empate na sua cancha diante do Troula de Betanzos. A raiz deste resultado, o Ribeira mantense na segunda plaza, aventaxando en 3 puntos o equipo de Mera, aunque con un partido menos. Na seguinte xornada recibese a visita do lider, Ventorrillo Caixanova, que contabiliza os seus 16 encontros por victoria, e que salvo descalabro, será o equipo que se proclame vencedor da liga Partido moi complicado, onde agardemos, poidamos dar a sorpresa e derrotar o mellor equipo no que vai de competición.

miércoles, 13 de enero de 2010

Xornada Aplazada

O encontro que debian disputar o Jim Sports Melide F.S e o Ribeira F.S, no pavellon de Melide, foi suspendido pola dura xornada de frío e neve que sufriu a provincia de Lugo o pasado fin de semana. A falta de confirmación oficial, o encontro disputarase case con total seguridade o 15 ou 16 de Febreiro, en epoca de carnaval. Dende aqui, agradecer a directiva de Melide a comprensión e facilidades dadas dende o primeiro momento para a suspension do mesmo.

En outro orden de cousas, este fin de semana o equipo descansará novamente, volvendo a xogar o dia 23 de Xaneiro, visitando a sempre complicada pista do Cedeira F.S.

lunes, 11 de enero de 2010

Os reis magos chegaron a Meira

O Club Ribeira F.S acodou unha moi importante victoria diante do 4º clasificado, o Burela Turística, no partido aprazado polo temporal da xornada 14, que finalmente se disputou o dia de reis, co resultado de 11 goles a 3.
Dende o inicio ata o final do encontro, o Ribeira mostrouse moi superior o seu rival, salientando que a mitades do primeiro tempo, o resultado xa reflectia un 6 a 0. O resultado ao descanso foi de 7 a 1.
No inicio do segundo tempo o guión foi moi similar, e o Ribeira seguiria mostrandose moi superior en todos os aspectos ao seu rival, chegando a poñerse 11 a 1 a falta de 7 minutos. Ca entrada do porteiro xogador por parte burelista, o equipo da costa conseguiria recurtar distancias ata poñer o 11 a 3 definitivo.

Polo Ribeira marcaron Borja (2), Kiko (2), Gerardo (2), Donino (2), Paco, Ismael e Iago Méndez.

Manolo formou de inico con Carlos (1), Paco (5), Ismael (7), Gerardo (8) e Iago Méndez (9), actuando ao longo do encontro Kiko (14), Borja (6), Donino (3), Felipe (10), Muñiz (2) e Javi (p.s 23).