miércoles, 27 de enero de 2010

Enorme segundo tempo

O Ribeira F.S volveu a competición logo de case 2 semanas sen xogar, e acadou unha nova victoria por 2 goles a 11 na sua visita a Cedeira, nun encontro que se fraguou sobre todo, nunha gran segunda metade, na que o Cedeira nada puido facer ante a gran eficacia goleadora visitante.
O encontro comenzaria cun moi bo posicionamente e plantexamiento por parte do Cedeira, con moitos erros nosos defensivos e moi boas salidas ao contragolpe por parte local. Nunhos minutos moi igualados, o primeiro gol non viria ata o minuto 12, cando Kiko dun tiro cruzado, bateria ao porteiro local. 2 minutos mais tarde, no 14, Gerardo incrementaria a ventaxa, facendo o 0 a 2. Con este resultado chegariase o remate dos primeiros 20 minutos.
O segundo tempo daria comenzo dunha forma moi diferente ao primeiro, cun Ribeira moito mellor posicionado e moi metido no partido. Aqui aparecería a figura de Iago Mendez, que acadaria 3 goles consecutivos (min. 4-4-5), poñendo terra de por medio as esperanzas do Cedeira de darlle a volta ao marcador. Ao seguinte minuto, no 6, Gerardo acadaria o segundo na sua conta, facendo o 0 a 6. Recurtaria distancias o Cedeira no 7, co 1 a 6. No minuto 9, Ismael faria o 1 a 7 cun gol que se colou pola escadra esquerra da porteria local. O 1 a 8 seria obra de Donino no minuto 15. Nese mesmo minuto, volveria a recurtar o Cedeira, nunha accíon de infortunio no saque dun corner. Novamente no 15, Donino faria o 2 a 9. No 17 Kiko o 2 a 10, e remataria o encontro co ultimo gol do Ribeira no minuto 19, obra de Felipe.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Ismael (7), Gerardo (8) e Iago Mendez (9), actuando ao longo do encontro Donino (3), Kiko (14), Felipe (10) e Iago (p.s 13).

Salientar nesta xornada o tropezo do Mera B, que cedeu un empate na sua cancha diante do Troula de Betanzos. A raiz deste resultado, o Ribeira mantense na segunda plaza, aventaxando en 3 puntos o equipo de Mera, aunque con un partido menos. Na seguinte xornada recibese a visita do lider, Ventorrillo Caixanova, que contabiliza os seus 16 encontros por victoria, e que salvo descalabro, será o equipo que se proclame vencedor da liga Partido moi complicado, onde agardemos, poidamos dar a sorpresa e derrotar o mellor equipo no que vai de competición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario