miércoles, 3 de febrero de 2010

Empate con sabor agridulce

O título do post resume claramente a sensación que lles quedou os xogadores do Ribeira ao rematar o encontro diante do Ventorrillo, o cal acabou con empate a 5 goles. No gran encontro da xornada, os dous equipos viñeron dispostos a demostrar a gran temporada que estan a facer, cun gran encontro cheo de ocasións, goles, alternativas e espectáculo. A nota negativa do partido, foi o lamentable arbitraxe ao que se viron sometidos ambos conxuntos, con arbitros dispostos a non deixar xogar e cortar o xogo, basandose nun actitude chulesca, prepotente e provocativa, que acabou perxudicando a ambos equipos. Nun encontro marcado pola deportividade, foron nada mais e nada menos, que 26 faltas, as que se pitaron ao longo do encontro, 13 por cada equipo.

Daria comenzo o primeiro periodo cun Ribeira moi motivado, e cunha presión moi asfixiante que maniatou os da Coruña, con varias ocasións desbaratadas polo porteiro e os paos. No minuto 5 e 7 o adestrador Manolo recibiu 2 tarxetas amarelas e a sua expulsión do encontro, ambas por protestar decisións arbitrais. O Ribeira no minuto 7 xa estaba cargado cas 5 faltas. O encontro empezaba a ser moi parexo, con ocasións por ambos lados. No minuto 12 Iago seria expulsado por dobre amarela despois de cometer unha falta inexistente. Nesa sexta falta, chegaria o primeiro gol do encontro ao dispoñer o Ventorrillo dun doble penalti. No minuto 14 volveria a anotar o Ventorrillo nunha boa contra facendo o 0 a 2. O Ventorrillo tamen chegara o bonus das 5 faltas, pero primeiro Paco e despois Ismael non foron quen de bater o porteiro visitante. Paco no minuto 15 recurtaria distancias facendo o 1 a 2. O Ventorrillo teria 2 novos dobres penaltis para incrementar novamente a diferencia, pero estes seria ben detidos por Carlos. No minuto 18, Borja de dobre penalti bateria por fin a porteria visitante. E a falta de 40 segundos, novamente o Ventorrillo anotaria o gol co que remataria o primeiro tempo, co 2 a 3.

O segundo tempo daria comenzo de maneira distinta o primeiro, cun Ventorrillo mais metido no encontro, e que anotaria 2 goles practicamente consecutivos no minuto 3 e 5, poñendo o 2 a 5 no marcador. No minuto 8 Kiko recurtaria distancia facendo o 3 a 5. E nese mesmo intre, veu a expulsión dun xogador do Ventorrillo por dobre amarela. O Ribeira pouco a pouco empezaba a volver a ter o dominio do partido, e Gerardo no 11 puxo o 4 a 5. Minutos mais tarde, no 15, novamente Kiko marcaria o gol que a postre daria o empate o equipo. Semellaba, que cos 2 equipos novamente cargados cas 5 faltas, o encontro decantariase por un lado ou outro, quedando ainda 5 minutos por disputar. Lamentablemente o cansancio fixo mella nos dous conxuntos, cun Ribeira que queria e non podia e co Ventorrillo facendo perigosos contragolpes, no cal nun deles, a fortuna nos sonreiu ao estrelarse o balón no pao. Empate a 5 goles e reparto de puntos xusto e merecido.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Borja (6), Ismael (7) e Gerardo (8), actuando ao longo do encontro I. Mendez (9), Kiko (14), Donino (3) e Iago (13 p.s).

O seguinte encontro terá lugar en Arzua, o Sábado 6 de Febreiro as 20 horas, no pavillón do Viso, na que se prevé unha das salidas mais complicadas que lle queda o equipo de Manolo antes de rematar a liga.

4 comentarios:

  1. perfecta a cronica do partido, non sei quen foi o que a fixo pero podo decir que acertou o noventa e nove por cento.animo ribeira non virse a baixo.

    ResponderEliminar
  2. e menos mal que os arbitros eran de ncional

    ResponderEliminar
  3. Felicidades polo espectaculo.
    Foi unha pena non poder asistir.
    Animo para o resto da liga, menos para o martes de carnaval.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  4. Gracias entrenador de melide, e noraboa a vos tamen pola remontada que estades a facer e por esa aposta por xuventude que tedes. Vemonos por terras melidenses...

    ResponderEliminar