miércoles, 28 de abril de 2010

Emoción ata o final

Bon encontro o que se viu o pasado Sábado a mañan en Meira, na que a visita do Mera F.S, facia presaxiar un encontro moi complicado, que finalmente decidiuse a falta de 1 sg para o remate do mesmo, co resultado de 5 a 4 para os da casa, na que se pode salientar o excelente primeiro tempo por parte do Ribeira, que non foi quen de materializar as moitas oportunidades que estivo a crear.

O inicio do encontro seria sin un claro dominador do mesmo, cun Mera que queria levar o control do partido e un Ribeira cunha presión forte, que impedian a rápida circulación de balon do Mera. O primeiro gol viria por parte de Donino, que no minuto 6 faria o 1 a 0. A raíz de aqui, o Ribeira dispoñeria de varias ocasións de gol para ampliar a ventaxa, pero seria o Mera o que conseguiria empatar no minuto 13. 4 minutos mais tarde, no 17, Felipe volveria a poñer por diante o Ribeira co 2 a 1. E cando se presaxiaba que con este resultado finalizaria o primeiro tempo, o Mera volveria a empatar, co 2 a 2, a falta de 12 segundos.

No segundo tempo o Ribeira seria quen de sair mais entonado co seu rival, e Abelenda facia o 3 a 2, cando iban transcurridos 4 minutos de xogo. O 4 a 2 seria obra de Donino, que anotaria o gol no minuto 10. A partires de aqui, o Mera decidiuse a ir a por todas no encontro, dando entrada poucos minutos despois ao porteiro-xogador. E con él virian os peores momentos do Ribeira, xa que nun minuto, o Mera seria quen de empatar o partido a 4, con 2 goles no minuto 15 e 16, que botaban polo chan a renta conseguida. Nestes ultimos minutos o empate deixaba un mal sabor de boca a ambos conxuntos, e ambos decidironse a arriscar para conseguir os 3 puntos, que virian a falta de un segundo, cando nunha xogada algo embarullada e con algo de fortuna, Paco facia o 5 a 4 definitivo.

Fredi formou de inicio con Carlos (1), Donino (3), Paco (5), Ismael (7) e Gerardo (24), actuando ao longo do encontro Kiko (14), I. Méndez (8), Borja (4), Felipe (10), Abelenda (2) e Javi (23 p.s).

Este fin de semana tocará descanso e non haberá liga. O seguinte encontro terá lugar o Sábado 8 de Maio, ca visita do Ribeira ao Burela Turística, en horario pendiente de confirmar.

lunes, 19 de abril de 2010

Nova goleada ao Xario

O Ribeira F.S logrou impoñerse por 8 goles a 2 ao Xario Miño F.S, un equipo que viña a Meira coa intención de sair dos postos baixos da taboa, e que quizais, non mereceu sair de Meira cunha goleado tan abultada.

Nunha primera parte bastante pobre en xogo por ambos equipos, adiantariase o Xario, no minuto 10, nunha perdida de balón en propia pista, que propiciaria o 0 a 1. 2 minutos mais tarde, no 12, Kiko conseguiria empatar o encontro, co 1 a 1. Parecia que co paso dos minutos, o Ribeira poderia conseguir abrir distancias no marcador, pero as boas intervencións do porteiro visitante e as perigosas saidas a contra dos de Miño, a piques estiveron de provocar algun disgusto na defensa local. Cando parecia que o primeiro tempo iba a acabar en taboas, Borja poñeria o 2 a 1, a falta de 12 segundos para o remate.

O segundo tempo daria comenzo co empate dos de Miño, aos 42 segundos, nunha rapida contra ben definida. Kiko volveria a adiantar ao Ribeira no marcador, co 3 a 2 no minuto 4. Ainda despois deste gol, o Xario seguia facendo o seu encontro, moi replegado atrás e esperando o fallo para poder ter opcions no partido. O encontro estaba resultando con moitas imprecisións e bastante soso, ata que o Ribeira conseguiu abrir a lata no minuto 14, cando Donino poñeria un tranquilizante 4 a 2. A partires de aqui, o partido daria un volco considerable e empezarian a chegar os goles. Nun minuto, no 15, Gerardo seria capaz de anotar 2 goles practicamente consecutivos, que sentenciaban o marcador co 6 a 2. Novamente Gerardo, e a falta de 3 minutos e cando o Xario actuaba con porteiro xogador, faria o 7 a 2, nun roubo de balón e zancada impresionante que o levou só a meta do Xario. Finalmente, Paco, a falta de 2 minutos, faria o 8 a 2 definitivo.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Ismael (7), Kiko (14) e Gerardo (24), actuando ao longo do encontro Donino (3), Borja (6), Felipe (10), Abelenda (2) e Iago (13 p.s).

O seguinte encontro terá lugar este Sabado 24 de Abril, no polideportivo de Meira, nun horario pouco habitual, as 12.30 horas, na que nos rendirá visita, o Mera F.S 'B', que ocupa a terceira posición, un equipo filial moi xoven e moi ben entrenado e que desplega un gran futbol sala. Dito encontro teria que disputarse a seguinte semana, pero ambos clubes acordaron adiantalo, por mor da disputa do campionato Autonómico Xuvenil, que terá lugar nese fin de semana.

Noutro orden de cousas, salientar que nesta xornada, o Ventorrillo F.S, proclamouse matemáticamente campeón de liga, cunhas estadisticas impresionantes, polo que acada o ascenso a categoria Nacional. Dende o Ribeira F.S, queremos felicitar o merecido logro e campeonato conseguido e desexarlle toda a sorte do mundo nesta nova etapa que se lles presenta.

martes, 13 de abril de 2010

Partidazo e clasificación

O Ribeira F.S acadou brillantemente a clasificación matemática para disputar a eliminatoria de ascenso a primeira Nacional B, logo de vencer por 5 goles a 9, ao Boqueixón F.S. Dita eliminatoria disputarase a ida e volta, unha vez rematada a liga, co segundo clasificado do grupo Sur, rival ainda pendiente de concretarse. Pase o que pase, nada mais se pode dar as felicitacións a este enorme grupo que se conseguiu formar (entrenadores, delegadas, xogadores, o noso super presi...), xa que esto é algo que ninguén esperaba o inicio de temporada, e no que queda demostrado, que a piña e as gañas de salir a cancha sin presión e a divertirse, priman por encima de moitos factores. NORABOA!!!

Con respecto ao partido de Boqueixón, salientar que non pintaban ben as cousas ao partir cara o pavellón do Forte, xa que o equipo viaxaba totalmente en cuadro con 7 xogadores dispoñibles, dos cales, 2 eran porteiros, tivendo que actuar Iago como xogador de campo para dar algo de oxigeno o plantel. Cun calor e bochorno sofocante no pavellon, e cun Boqueixón que tamen fixo un moi bon partido, o Ribeira, probablemente fixo un dos seus mellores encontros de toda a temporada, brillando 1 por 1, os 7 xogadores desplazados.

O inicio do primeiro tempo e durante todo o encontro, fariase cunha tónica pouco habitual do Ribeira ao longo da temporada, actuando a defender a media pista e saindo a contra. O Boqueixon adiantariase no minuto 4, cando logo dunha falta ao borde da area, conseguiria o 1 a 0. O gol do empate viria no minuto 5, cando Kiko definiria con boa precisión unha boa contra. 1 minuto mais tarde, no 6, Gerardo poñeria por diante o Ribeira, facendo o 1 a 2. No minuto 9, novamente Gerardo, bateria de novo o porteiro do Boqueixón, facendo o 1 a 3. Seria o momento de Ismael, que poñeria o 1 a 4, no minuto 12. Parecia que o Boqueixón poderia meterse no encontro, recurtando distancias no 15, co 2 a 4. Pero antes de chegar o descanso, Donino faria un claro 2 a 5 co que remataria o primeiro tempo.

No segundo tempo, iba seguir o partido moi serio de todos os xogadores do Ribeira e xa no minuto 4, Kiko incrementaria a ventaxa co 2 a 6. Volveria a marcar o Boqueixón no minuto 8, poñendo o 3 a 6, pero un minuto mais tarde, novamente Donino, encargariase de distanciar o resultado co 3 a 7. O seguinte gol, seria obra de Gerardo, no 14, facendo o 3 a 8. E no seguinte minuto, Donino faria o ultimo gol do Ribeira, co claro 3 a 9 no marcador. O resultado seria maquillado polo Boqueixon, cando a falta de 4 minutos e 1 minuto respectivamente, colocarian o definitivo 5 a 9, co que remataria o encontro.

Fredi formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Ismael (7), Gerardo (8) e Kiko (14), actuando ao longo do encontro Donino (3) e Iago (24).

O seguinte encontro terá lugar o Sábado 17 de Abril, no polideportivo de Meira, e na cal, nos rendirá visita o Alameda Xario F.S, equipo que necesita dos puntos, para salir dos postos de descenso que actualmente ocupa. Dito encontro dará comenzo as 16.30 horas.

jueves, 8 de abril de 2010

Valiosos puntos en Outeiro

En partido aprazado da xornada 20, o Ribeira F.S venceu por 4 goles a 7 o Santa Isabel F.S, en encontro disputado no polideportivo de Outeiro de Rei, en parte gracias a un bon inicio de partido e un gran segundo tempo, que fixo levar pra casa unha victoria cómoda.

O inicio do Ribeira seria fulvurante, xa que no minuto 3, Gerardo faria o primeiro gol do encontro. Novamente Gerardo no minuto 4, volveria a marcar, facendo o 0 a 2. No minuto 6, desta volta Felipe, poñeria o 0 a 3. O equipo estaba a amosar un bon futbol sala, ainda que con excesivas faltas, que fixo que chegaramos moi rapido o bonus das 5 acumuladas. No minuto 9 recurtaria distancias o Santa Isabel, co 1 a 3. Novamente, e desta vez de dobre penalti, o Santa Isabel parecia meterse no encontro, co 2 a 3, no minuto 12. Ainda quedaban moitos minutos por diante, pero o marcador non se moveria e asi acabaria o primeiro tempo, coa incertidumbre do 2 a 3 no marcador.

O segundo tempo, foi de un guión moi similar o do primeiro, con un bon inicio, no que Felipe aos 45 segundos poñia o 2 a 4. No minuto 3, outra vez Gerardo, facia o 2 a 5. No minuto 6, Gerardo anotaria o seu cuarto gol da noite, co 2 a 6. Desta vez, apareceria a estela de Paco, que no minuto 8 facia un claro 2 a 7, que prácticamente sentenciaba o encontro. O equipo de Outeiro maquillaria o encontro a falta de 2 minutos co 3 a 7 e novamente a falta de 41 segundos, co 4 a 7 definitivo.

Fredi formou de inicio con Javi (23), Paco (5), Ismael (7), Gerardo (8) e Felipe (10), actuando ao longo do encontro Borja (4), Kiko (14), Donino (3) e Iago (13 p.s).

Con esta victoria o equipo suma 61 puntos e segue segundo na taboa, aumentando a diferencia de puntos co terceiro (Mera F.S), ata os 13 puntos . O primeiro posto o segue ocupando o Ventorrillo F.S, que de acadar a victoria esta xornada, proclamariase automáticamente campeón de liga. O seguinte encontro terá lugar no pavillon do Forte, rendindo visita o Boqueixón F.S, en encontro que dará comenzo as 20 horas.

miércoles, 7 de abril de 2010

Empate e Gracias

En encontro aprazado polo temporal, o Ribeira F.S acadou un empate na casa diante do Muebles Jogafan F.S, nun partido moi malo e con moitos erros defensivos, que acabou cunha remontada épica, na que a falta de 4 minutos o resultado era 1 a 5 a favor do equipo de Ordes.

O inicio do partido empezou cun Ribeira moi descentrado e cun Jogafan moi ben replegado e con perigosas saidas a contra. Ainda asi, as ocasións claras foron do Ribeira, cunha excelente actuación do porteiro de Ordes. O primeiro gol viria no minuto 7, obra de Borja. No minuto 15, un impresionante trallazo de lonxe dun xogador do Jogafan, colariase pola escadra e colocaria o 1 a 1. A falta de 54 segundos, adiantariase o Muebles Jogafan nunha contra rapida, facendo o 1 a 2 co que remataria o primeiro tempo.

O inicio do segundo tempo daria comenzo cun Jogafan perdoando 2 ocasions moi claras e cun Ribeira impreciso e sin ideas. Froito desto, volverian a marcar os de Ordes no minuto 6, poñendo o 1 a 3 no marcador. 3 minutos mais tarde, os de Ordes consegurian poñer o partido moi costa arriba facendo o 1 a 4. Despois deste gol, o Ribeira apostaria por dar entrada a Ismael como porteiro xogador, a falta de 11 minutos. Nunha perda de balon, e a falta de 6 minutos, o Jogafan parecia que sentenciaria o encontro cun gol dende o seu campo. Pero a raiz desto virian os mellores momentos do Ribeira, cando Kiko a falta de 4 minutos poñeria o 2 a 5. Un minuto mais tarde, no 17, Gerardo marcaria o 3 a 5. Cando xa so quedaban 27 segundos, novamente Gerardo poñeria o 4 a 5. E cando semellamaba que non daria tempo a mais, Paco lograria o milagroso empate a falta de 19 segundos.

Fredi formou de inicio con Carlos (1), Borja (4), Paco (5), Ismael (7), Gerardo (8), actuando ao longo do encontro Kiko (14), I.Méndez (8) e Javi (23 p.s).

Hoxe terá lugar o encontro aplazado diante do Santa Isabel de Outeiro de Rei. O partido dará comenzo as 21.30.