miércoles, 7 de abril de 2010

Empate e Gracias

En encontro aprazado polo temporal, o Ribeira F.S acadou un empate na casa diante do Muebles Jogafan F.S, nun partido moi malo e con moitos erros defensivos, que acabou cunha remontada épica, na que a falta de 4 minutos o resultado era 1 a 5 a favor do equipo de Ordes.

O inicio do partido empezou cun Ribeira moi descentrado e cun Jogafan moi ben replegado e con perigosas saidas a contra. Ainda asi, as ocasións claras foron do Ribeira, cunha excelente actuación do porteiro de Ordes. O primeiro gol viria no minuto 7, obra de Borja. No minuto 15, un impresionante trallazo de lonxe dun xogador do Jogafan, colariase pola escadra e colocaria o 1 a 1. A falta de 54 segundos, adiantariase o Muebles Jogafan nunha contra rapida, facendo o 1 a 2 co que remataria o primeiro tempo.

O inicio do segundo tempo daria comenzo cun Jogafan perdoando 2 ocasions moi claras e cun Ribeira impreciso e sin ideas. Froito desto, volverian a marcar os de Ordes no minuto 6, poñendo o 1 a 3 no marcador. 3 minutos mais tarde, os de Ordes consegurian poñer o partido moi costa arriba facendo o 1 a 4. Despois deste gol, o Ribeira apostaria por dar entrada a Ismael como porteiro xogador, a falta de 11 minutos. Nunha perda de balon, e a falta de 6 minutos, o Jogafan parecia que sentenciaria o encontro cun gol dende o seu campo. Pero a raiz desto virian os mellores momentos do Ribeira, cando Kiko a falta de 4 minutos poñeria o 2 a 5. Un minuto mais tarde, no 17, Gerardo marcaria o 3 a 5. Cando xa so quedaban 27 segundos, novamente Gerardo poñeria o 4 a 5. E cando semellamaba que non daria tempo a mais, Paco lograria o milagroso empate a falta de 19 segundos.

Fredi formou de inicio con Carlos (1), Borja (4), Paco (5), Ismael (7), Gerardo (8), actuando ao longo do encontro Kiko (14), I.Méndez (8) e Javi (23 p.s).

Hoxe terá lugar o encontro aplazado diante do Santa Isabel de Outeiro de Rei. O partido dará comenzo as 21.30.


2 comentarios:

  1. Vais a salir en primera B en caso de ascender?

    ResponderEliminar
  2. Yo te diría q por lo menos van a hacer todo lo posible por salir, así q al final supongo q salirán.

    ResponderEliminar