jueves, 25 de marzo de 2010

3 puntos no ultimo suspiro

O Ribeira F.S saliu victorioso da sua visita a complicada pista do C.P. Casas, gañando por 4 goles a 6, nun encontro moi disputado entre ambos conxuntos e que se decantou a falta de 50 segundos para o remate do mesmo.

Nun incio de encontro trepidante, poñeriase por diante o Ribeira, por medio de Gerardo, no minuto 2. Non tardaria en respostar o Casas, que no seguinte minuto, nunha boa contra e pase en profundidad, lograria o empate. No minuto 5, o Casas conseguiria darlle a volta ao marcador, poñendose o 2 a 1 ao seu favor. Non seria ata o minuto 11 o empate do Ribeira, obra novamente de Gerardo. A falta de 2 minutos, Kiko de falta, lograria poñer por diante novamente o Ribeira. Co 2 a 3 chegariase ao descanso.

O segundo tempo seguia a mesma tónica do primeiro, con bastantes alternativas no xogo e co encontro bastante disputado. O Casas lograria o empate no minuto 4, co 3 a 3. Novamente Kiko poñeria por diante o Ribeira ao transformar un doble penalti no minuto 13. De novo, volveria a empatar o Casas, anotando o gol a falta de 3 minutos. O encontro decidiriase a falta de 50 segundos, cando Ismael, poñeria por diante novamente o Ribeira. Finalmante Gerardo a falta de 24 segundos, faria o definitivo 4 a 6 co que remataria o partido.

Fredi formou de inicio con Javi (23), Donino (3), Borja (4), Ismael (7) e Gerardo (8), actuando ao longo do encontro Iago (9), Kiko (14), Paco (5), Felipe (10) e Abelenda (2).

O seguinte encontro terá lugar en Meira, ca visita do Peugeot Vilalba F.S, no que será un novo derbi nesta temporada. O encontro dará comenzo as 16.30 horas.

3 comentarios:

  1. cando xogais contra outeiro de rey?

    ResponderEliminar
  2. esto esta algo abandonado ou...

    ResponderEliminar
  3. Perdon polo retraso, por falta de tempo foi imposible facer a crónica ata agora. Non se puido publicar a do encontro co Peugeot Vilalba. Cos de Outeiro de Rei xogamos hoxe, en canto poida colgarei a crónica. Un saudo

    ResponderEliminar