jueves, 18 de marzo de 2010

Regreso a senda do triunfo en Meira

O Ribeira F.S logrou en Meira, unha merecida victoria por 6 goles a 3 diante do Loterias Mexillon de Ouro de Rianxo, nun encontro aberto por parte de ambos equipos e no cal o cadro rianxeiro plantou cara en todo momento e non se veu abaixo en ningunha fase do encontro.

Nada mais iniciarse o encontro, os 16 sg, Kiko, anotaria o primeiro tanto do partido. O Ribeira tivo algunha ocasión mais para poder ampliar a ventaxa, pero o segundo gol non viria ata o minuto 10, obra de Gerardo. Co 2 a 0 no marcador, e con Fredi rotando moito o banquillo, o equipo baixou un pouco os brazos, froito do cal, o equipo rianxeiro tivo un par de ocasións claras, nas que Carlos estivo moi atinado para evitar o gol. Co 2 a 0 remataria o primeiro tempo.

Despois de vestiarios, o equipo de Fredi decidiuse definitivamente ir a polo encontro, e no minuto 3, Kiko fixo o tranquilizador 3 a 0. Recurtaria distancias o Mexillon, no minuto 6, co 3 a 1. No minuto 8, Donino faria o 4 a 1. A mala sorte rianxeira e a espectacular actuación de Javi, fixo que o Mexillon non conseguira meterse no encontro en ningún momento. Ainda asi, un minuto mais tarde, volveria a recurtar distancias co 4 a 2. No 11, Kiko poñeria o 5 a 2 e no 15 Iago anotaria o 6 a 2. Finalmente, a falta de 6 segundos para o remate, os de Rianxo poñerian o definitivo 6 a 3.

Fredi formou de inicio con Carlos (1), Donino (3), Borja (4), Ismael (7) e Kiko (14), actuando ao longo do encontro I.Méndez (9), Gerardo (8), Abelenda (2), Felipe (10), Pablo (11) e Javi (23 p.s).

O seguinte encontro terá lugar no pavellón de Frigsa en Lugo, rendindo visita ao C.P Casas, equipo que actualmente ocupa a 7º posición. O encontro terá lugar as 17.15 horas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario