lunes, 4 de mayo de 2009

Derrota Dolorosa

O Ribeira F.S despediu a temporada e perdeu este sabado na sua visita a Melide, por 8 goles a 6. Si ben é certo que ningún dos equipos nos xogabamos nada e que o rival era un dos equipo mais fortes da categoría, sobre todo na sua cancha, o resultado final deixou un mal sabor de boca polo acontecido na cancha. O resultado ao descanso era de 1 a 5 a favor do Ribeira, facendo un bo futbol sala e sabendo rematar ao rival nos momentos finales. O exceso de confianza ante un rival que prácticamente non inquietara no primeiro tempo, fixo que a remontada do Melide fora posible, chegando a remontar o resultado adverso a principios do segundo tempo (1-6). A falta de 7 minutos o Melide xa lle dera a volta ao marcador e ainda que tivemos varias ocasions para empatar, foi o equipo local o que ampliou as diferencias deixando o marcador no 8 a 6 definitivo.
Fredi formou de inicio con Carlos (1), Kiko (14), Paco (5), Pablo López (4) e Felipe (10), actuando despois Luis Vigo (6), Iago Mendez (8), Pablo Fernández (3) e Iago (13).
Os goleadores do Ribeira foron Pablo López, Paco, Luis Vigo (2), Felipe e Kiko.
O equipo remata finalmente a liga en 9º lugar, deixando moi de lonxe o obxetivo de principios de temporada, que non era outro que evitar o descenso a provincial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario