martes, 3 de noviembre de 2009

5ª Victoria consecutiva

O Ribeira F.S acadou unha nova victoria na casa, desta vez ante o Troula F.S de Betanzos, nunha xornada matinal que se disputou o Domingo no pavillón de Fonsagrada.
Comenzaria o encontro cun Troula moi replegado atrás e cun Ribeira moi entonado cunha presión asfixiante ao rival, fruto do cal Kiko no minuto 3 faria o 1 a 0, logo dunha media volta e un tiro moi forte que se colaria nas redes visitantes. Na pista solo existia o Ribeira que dispoñia unha e outra vez de innumerables ocasions, desbaratadas polo porteiro visitante Fernando, que tivo unha actuación espectacular. No minuto 13, e nunha xogada desafortunada, viria o segundo gol, froito dun gol en propia porta nun rebote con mala fortuna pra o Troula. A falta de 30 segundos pra o remate recurtaria distancias o Troula, cun tiro da fora da area, co que seria o 2 a 1 co que se marcharia ao descanso.
O inicio do segundo tempo seria cun xogo sin ocasións claras por ningun dos equipos. Aos 8 minutos nun tiro raso de fora da area Kiko faria o segundo gol na sua conta, poñendo o 3 a 1. 5 minutos mais tarde, no 13, Borja marcaria o 4 a 1. Neses intres seria cando o Troula poñeria en pista o porteiro xogador. Gerardo faria o 5 a 1 no minuto 15. O Troula recortaria distancias con 2 goles casi consecutivos no minuto 17 e 18, o cal daria algo de emoción ao final co 5 a3, pero xa a 2 minutos pra o final, novamente Gerardo poñeria o 6 a 3 definitivo.

Manolo formou de inicio con Javi (23), Borja (6), Ismael (7), Gerardo (8), Kiko (14), actuando despois ao longo do partido Paco (5), Donino (3), Mendez (9), Iago (13) e Pablo (11).

O Seguinte encontro se disputará en Rianxo, na pista do Loterias Mexillon do Ouro, actual e último campeón de liga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario