miércoles, 14 de octubre de 2009

Goleada en Castro

O Ribeira F.S conseguiu unha espectacular victoria na xornada 4, disputada no pavillón de Castro, por 3 a 11, no que foi ata agora, o partido mais completo do noso equipo no que vai de liga. O partido empezou cun Ribeira a tope, no que aos 4 minutos xa se gañaba 0 a 3 con goles de Paco, Borja e novamente Paco. A raíz dese momento, e co partido controlado, viñeron os mellores momentos do Castro, no que conseguiría recortar distancias a mitades do primeiro tempo, facendo o 1 a 3. Puideron seguir recortando distancias, pero un espectacular Javi, desbarataba varias ocasións na que foi os peores momentos do Ribeira, aparecendo nos momentos oportunos. Xa a falta de 6 minutos, Borja faría o 1 a 4 e casi o remate do primeira tempo, Abelenda poñería o 1 a 5.
No segundo tempo, o Castro empezaría anotando o 2 a 5 no primeiro minuto, pero xa na siguiente xogada Gerardo volvería a marcar as distancias co 2 a 6. O partido estaba totalmente controlado, e asi virian os goles de Dani, Borja, Kiko e novamente Dani, no que serviría pra poñer o 2 a 10. A falta de minuto e medio, o Castro volvería marcar facendo o 3 a 10, e outra vez a falta de 30 segundos, Paco faría o 3 a 11 definitivo. Como nota salientable podemos recalcar o sobresaliente debut de Dani no equipo e tamen a volta as canchas de Gerardo, despois dunha moi larga lesión e recuperación, demostrando nestes poucos minutos que vai volver a ser unha das claves do Ribeira pra presente temporada.

Manolo formou de inicio con Javi (23), Paco (5), Borja (6), Ismael (7) e Gerardo (8), xogando despois Abelenda (2), Luis (4), Iago Méndez (9), Dani (11), Iago (13) e Kiko (14).

O siguiente partido será o Sábado 17 de Octubre, no pavellon da Fonsagrada diante do equipo que nos precede na clasificación, o Santa Isabel de Outeiro de Rei, no que será un novo derbi provincial. O encontro dará comenzo as 19.45 horas.

2 comentarios:

  1. ken ven sendo Abelenda?????
    eu non coñezo a ningún
    jaja

    ResponderEliminar
  2. jejeje Abelenda e o noso franco tirador!!!

    ResponderEliminar