martes, 27 de octubre de 2009

Goles e Espectáculo

O Ribeira F.S acadou unha importante victoria na cancha do Muebles Jogafan de Ordes, por 3 goles a 11, na que foi a quinta victoria da presente temporada, segunda a domicilio. Nunha primeira parte mais disputada, o equipo saliria un pouco descolocado e descentrado, fruto do cal adiantariase o equipo de Ordes nunha xogada de estratexia de corner, nun disparo potente de fora da area. Non tardaria moito tempo en empatar o Ribeira cun gol de Gerardo nunha boa definición diante do porteiro local no un contra un. A mitades da primeira parte, novamente o Jogafan volveríase a poñer por diante nunha xogada identica a do primeiro gol en saque de esquina, con outro tiro de fora da area. Gerardo volvería a empatar o partido noutra xogada personal a falta de 7 minutos e de novo este mesmo poñería por primeira vez o Ribeira por diante do marcador co 2 a 3 a falta de 5 minutos pra rematar o primeiro tempo. Con este resultado chegariase o descanso.
No segundo tempo, veriase un Ribeira cun xogo espectacular e dominante, que borrou por completo o equipo local, ainda asi, foi o Jogafan o que marcou primeiro facendo o 3 a 3 no minuto 4, noutro disparo potente de fora da area. Un mero espellismo do que pasaria despois, xa que Luis nunha boa parede con Paco volvería a poñernos novamente por diante, e pouco despois Borja faria xa o 3 a 5 no minuto 7. O Ribeira seguia dispoñendo de innumerables ocasións de gol, cando Gerardo no minuto 12 faria o sexto gol. O partido estaba roto e controlado totalmente e desta vez Borja faria o 3 a 7. Practicamente seguidos viñeros os 2 seguintes goles, fruto de Gerardo e Paco, facendo o 3 a 9. Os ultimos 5 minutos foron de ocasions pra ambos equipos, pero sería de novo Gerardo o que mollaría co 3 a 10 (sexto na sua conta) e Iago nun gol case sen angulo, poñeria o 3 a 11 definitivo.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Borja (6), Ismael (7) e Gerardo (8), actuando despois ao largo do partido Kiko (14), Iago (9), Felipe(10), Javi (23), Luis (4), Rancaño (15) e Abelenda (2).

O equipo ocupa provisionalmente o segundo posto, empatado a puntos co Boqueixon, que ten un partido menos. Sigue lider o Ventorrillo, que conta todos os seus partidos por victorias. O seguinte encontro, será na casa, no pavellon de Fonsagrada diante do Troula de Betanzos, un equipo recien descendido de primeira nacional b por motivos económicos, o cal ocupa actualmente o 4º posto con 12 puntos. O encontro será o Domingo as 12 da mañan, xa que o Sábado non hai horarios libres pola disputa da liga local da Fonsagrada.

5 comentarios:

  1. Bufff, vaya inicio de temporada q tamos facendo. Agora a seguir así, k domingo temos outro partido complicado!!

    ResponderEliminar
  2. ESTADES ARRASANDO. A ver se non se vos sube a cabeza e despois ven un alcorcon a dar a sorpresa.

    ResponderEliminar
  3. Gracias Olbap por comentar na nosa paxina, nesta liga non hai Alcorcón, e demasiado igualada e calquera pode gañar a calquera. Un saudo.

    ResponderEliminar
  4. ¿Non sabes quen son?
    Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.Alcorcón.

    ResponderEliminar
  5. Dadelle a volta o nombre de Olbap....

    ResponderEliminar