martes, 20 de octubre de 2009

Traballada Victoria

Partido vibrante, bonito e con goles, o que se viviu o Sábado no polideportivo da Fonsagrada, no que foi o segundo derbi provincial da temporada, diante do Santa Isabel de Outeiro de Rei, un equipo que nunca da un balón por perdido e moi duro fisicamente.
O partido iniciariase sin un control do mesmo por ningún dos dous equipos, ata que no minuto 7 Gerardo anotaría o primeiro gol do encontro. 3 minutos mais tarde, novamente Gerardo volvería a marcar, no que sería o 2 a 0 a favor do Ribeira. O partido estaba de cara e cun Santa Isabel, que aunque taba moi metido no partido, non conseguia crear moitas ocasións na nosa area. Froito dun mal despexe da defensa e dun balón morto na area, conseguirian os de Outeiro recurtar distancias, co 2 a 1. Non tardaría moito o Ribeira en volver a poñer a tranquilidad no marcador, cando nunha falta cerca da area Paco cedería a Iago, e este faría o 3 a 1 de tiro pola escuadra. O Santa Isabel, poñeriase no bonus das 5 faltas, e teríamos a oportunidade de ampliar distancias cun tiro dende os 10 metros, que seria ben rexeitado polo porteiro do Santa Isabel. Xa casi o final do primeiro tempo, Ismael poñería o 4 a 1 co que se chegaría o descanso.
O segundo tempo empezaría cun Santa Isabel presionando moi forte a salida do balón do Ribeira, convertindose todo o segundo tempo nun auténtico correcalles por ambos conxuntos. Nunha contra ben trenzada Borja, faría o 5 a 1, o cal poñería as cousas moi favorables. O Santa Isabel non baixou os brazos, e nun novo error de despexe noso, conseguirían facer o 5 a 2. O encontro estaba sendo moi rápido con continuas chegadas a ambas porterías. Novamente o Santa Isabel volvería marcar, poñendo a emoción a falta de 8 minutos co 5 a 3. Debido as faltas acumulativas, os de Outeiro poñeríanse outra vez cas 5 faltas, dispoñendo de ata 3 dobres penaltis pra ampliar a diferencia, os cales foron fallados, nunha tarde moi cega de cara o gol. Xa a falta de 3 minutos, Ismael e noutro tiro de doble penalti, conseguiria batir dunha vez por todas a portería rival, facendo o 6 a 3. Nada mais sacar de centro, a diferencia volveria ser recurtada na seguinte xogada, no que a postre seria o 6 a 4 definitivo.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Borja (6), Ismael (7) e Gerardo (8), actuando despois ao longo do partido Kiko (14), Iago (9), Donino (3), Javi (23), Abelenda (2), Javier (12).

O equipo ocupa actualmente a terceira plaza en solitario da clasificación, con 12 puntos sobre 15 posibles. O seguinte encontro será en Ordes, visitando o Muebles Jofagan que ten 6 puntos. O encontro dará comenzo as 18 horas.

1 comentario: