lunes, 9 de noviembre de 2009

3 puntos no derradeiro minuto


Sufrida e merecida victoria a que conseguiu o Ribeira F.S na sua visita a Rianxo, no que o exceso de confianza e as ocasións desperdiciadas, a piques estiveron de cambiar o resultado do partido. Empezou o Ribeira ca sua tónica habitual de presion na cancha rival, e cun rival moi ordenado cun bon planteamiento a contra. Non seria ata o minuto 9 cando nun balón en longo , o Mexillon do Ouro faria o primeiro gol do partido. Ata ese momento non habia un dominador claro . Froito deste gol o Rianxo cederia a posesion do balón e 4 minutos mais tarde seria Borja o que conseguiria empatar o encontro. O Ribeira seguia dispoñendo de claras ocasións de gol desbaratadas polo porteiro local Alberto. Xa no minuto 17 Donino de dobre penalti poñería por primeira vez o noso equipo por diante, conseguindo o 1 a 2 co que remataria o primeiro tempo.
Na segunda parte, no minuto 4, Ismael faria o 1 a 3, poñendo certa tranquilide no marcador. Froito da relaxación e empuxe dos locais, nunha xogada aislada, os de rianxo conseguirian recortar distancias. Quedaban ainda 8 minutos por diante, cando novamente os de rianxo empatarian o encontro dun tiro de fora da area. O partido estabase poñendo costa arriba con moitas perdidas de balón. Nese momento, logo dun tempo morto, volveríamos a levar a iniciativa do partido e no minuto 15 Donino faria o 3 a 4. Ainda quedaba moito tempo, e o Rianxo conseguiria empatar o encontro no minuto 22. O Mexillon do Ouro volveuse replegar na sua area, conformandose co empate, e a insistencia do Ribeira fixo que a falta de minuto e medio Gerardo conseguira o gol da victoria., co 4 a 5 definitivo.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Donino (3), Paco (5), Ismael (7) e Kiko (14), actuando despois Borja (6), Gerardo (8), Iago (13), Felipe (10) e Pablo (11).

Logo desta victoria o equipo manten a segunda plaza con 21 puntos, a 3 do Ventorrillo que segue contabilizando os seus partidos por victorias. O seguinte partido será na casa, no pabellón de Meira diante do C.P.Casás, un equipo xoven e ben formado, que por nomes e calidade é un dos aspirantes a ocupar os postos altos da clasificación a finais de temporada. O encontro dará comenzo as 17 horas.

3 comentarios:

  1. Vamos mellorando algo a páxina: aparece unha foto do partido.

    ResponderEliminar
  2. Sorte para o Sabado, ogalla gañedes. Espero que non teñades un mal arbitraxe. Teñen un par deles que se tiran moito a piscina.
    ¿Que obras fixeron no pabellón de Meira?

    ResponderEliminar
  3. Hola Anónimo, gracias e benvido a esta paxina. Esperemos que o arbitraxe non influya nin dun lado nin doutro e ke se vexa un bon partido.
    As obras de Meira que fixeron foi cambiar a cubierta do pabellon (habia goteiras) e mais arreglar os vestuarios. Pra o ano k ven, en principio, ta proyectado facer a pista de parquet.
    Un saudo

    ResponderEliminar