miércoles, 18 de noviembre de 2009

Regreso a Meira e 3 puntos mais


O Ribeira F.S segue ca racha de resultados, logo de vencer no partido correspondente a 9ª xornada, ao C.P Casas, por 8 goles a 2, no encontro disputado no pavillon de Meira.
No inicio de partido xa se podia apreciar as intencions dun e outro equipo, cun Ribeira presionando en toda a cancha e un Casás esperando as suas oportunidades a contra. No minuto 3 Ismael inauguraría o marcador. Xa co Ribeira por diante, as ocasións foron continuadas e unhas veces os paos e outras a intervención do porteiro visitante, non fixeron que ata o minuto 15 se ampliara a ventaxa, co gol de Donino. Co 2 a 0 e ca sensación de levar unha renta corta acabaria o primeiro tempo.
A segunda metade empezaria de cara para os de Ribeira, co gol de Felipe nun mao a mao co porteiro visitante. No minuto 7, Ismael volveria marcar facendo un tranquilizante 4 a 0. Con este resultado e no minuto 9, o Casás intentaria a remontada arriesgando e dando entrada o porteiro xogador. Novamente Ismael no minuto 12 faria o 5 a 0. Un minuto mais tarde, no 13, recortaria distancias o Casás co 5 a 1. O equipo estaba a defender moi ben a superioridade en ataque do Casás. No minuto 15 Paco estreariase como goleador no partido, ao facer o 6 a 1 a porteria baleira. No minuto 17, Paco e Borja incrementarian a ventaxa con 2 goles seguidos. Xa no minuto 18 o Casás volvería a marcar facendo o 8 a 2 definitivo.

Manolo formou de inicio con Javi (23), Paco (5), Borja (6), Ismael (7) e Gerardo (8), actuando ao longo do partido Donino (3), Iago M. (8), Felipe (10) e Pablo (11).

Con este resultado o equipo afianzase no segundo posto da tabla, con 24 puntos e a 3 do Ventorrillo da Coruña, que non da tregua e segue contabilizando todos os partidos por victorias. O seguinte encontro, será un novo derbi como visitante, na dificilisima cancha do Peugeot Vilalba, na que ata o de agora ningún equipo foi capaz de gañar. O encontro será o Sábado 21 as 18.30 horas, no pavillon de Vilalba.

9 comentarios:

  1. Bo partido o do sabado contra casas,seguide asi traballando e chegareis bastante arriba,ainda que ahora os equipos contrarios van a cerrarse. Animo

    ResponderEliminar
  2. animo e a romper as estadisticas de vilalba,e moita sorte os equipos da provincia de Lugo

    ResponderEliminar
  3. Xa vos calaron, q sepades q vos esperan partidos os domingos as 12.
    A madrugar campeóns os equipos xa coñecen dun ano pa outro as vosas artimañas de poñer os partidos as tantas da tarde ou o domingo e en pabellons paupérrimos.
    A verdadade e que na vosa casa ou nas vosas casas mellor dito é dificil gañarvos por algo será non? porque o equipo pola virgen do carmen non está nin entre os 10 mellores da categoría como grupo.
    Ala a seguir vendendo fume......
    o final cada un no seu sitio e senón tempo o tempo

    ResponderEliminar
  4. Gracias amigo por avisarnos. Os pavellons paupérrimos como ti dices, sonche os k hai, nos non temos pavellon propio na vila, e abondo nos fan con deixarnolo. Polos horarios dos partidos, nos non mandamos, temonos que aclopar os horarios libres que existen. Este ano en principio hai horarios libres para que non se teña k xogar ningun Domingo. E se temos que xogar na casa ou fora un Domingo, faremolo gustosamente. Vexote moi preocupado por nos, eso agradecese. Tranquilo, si temos que quedar 2 quedaremos, se temos que quedar de 12 tamen o faremos. Somos un grupo de amigos que solo vamos a pasalo ben e a disfrutar do futbol sala. Un saudo

    ResponderEliminar
  5. Tonecho (Entrenador Melide)23 de noviembre de 2009, 9:59

    Hola Ribeira, so entro para saudarvos, felicitarvos pola marcha do equipo este ano a pesares dos problemas de cambio de cancha.
    O resultado de esta semana e un pequeno paron, pero creo que sodes dos equipos mais serios da categoria.
    Tamen entro porque me amola moito que salgan aninimos (cobardes) a faltar o respeto sen argumentos de ningun tipo.
    Decir que vendedes fume cando estades no posto que estades despois de 10 xornadas e de xente moi inculta.
    Animo e sorte para todolos partidos menos contra nos.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  6. moi bo partido o do sabado si señor sorte que tedes un equipazo

    ResponderEliminar
  7. tedes un equipazo,e o mais bonito e que e mui xoven animo e seguide traballando con eses rapazes,sobre todo o 7 e o 9 que teñen muita calidade e o 5 que e un pulmon,solo un pero buscar un porteiro e donde fallais un pouco. un saudo dende as pontes

    ResponderEliminar
  8. O sábado en vilalba faltáballes o porteiro q xogara contra o casás, q se marcou un partidazo!!!! Aparte un mal día pode telo calquera dos porteiros, non se debe personalizar... Ánimo Ribeira e a polo Boqueixón o sábado.

    ResponderEliminar
  9. Moita sorte tamen pra vosoutros. Foi un partido trepidante k se puido decidir pra calkera dos 2 ekipos. Vos tamen tedes moi bon ekipo e vades facer da vosa casa un fortin. Un saudo

    ResponderEliminar