miércoles, 2 de diciembre de 2009

De Novo a Senda do Triunfo

O Ribeira F.S soupo sobrepoñerse as importantes baixas de ultima hora de Iago Méndez e Gerardo e acadou unha nova victoria na casa, diante do Boqueixon F.S, por 7 goles a 5, en encontro correspondente a xornada 11, disputada no polideportivo de Meira. O exceso de relaxación e intensidade fixo que nos ultimos minutos, o Ribeira, a piques estivera de botar polo chan o bon traballo realizado durante todo o partido.
O encontro daria comenzo cun Boqueixon fiel o seu estilo e moi replegado na sua cancha, esperando unha saida rapida ao contragolpe. Con varias ocasións por ambos conxuntos, non se inauguraria o marcador ata o minuto 9, cando Donino a pracer faria o 1 a 0. Minutos mais tarde, no 14 Paco incrementaria a ventaxa co 2 a 0, co que se chegaria ao descanso.
O segundo período daria comenzo ca mesma tónica co primeiro, co Boqueixon moi ordenado defensivamente e esperando a materializar as suas oportunidades a contra. No minuto 4, recortaria distancias o Boqueixon, nunha xogada de falta a favor noso no borde da nosa area e que remataria con cambio de posesión despois de non sacar nos 4 segundos pertinentes. Xogada desgraciada que metia os visitantes no partido. Novamente o Boqueixon volveria a marcar e facer o empate a 2 no minuto 7. O Ribeira estaba dominando e levando o peso do partido, pero non acababa de ter ocasións claras de gol. Este gol espabilou o equipo local, que foi definitivamente a polo encontro, e Borja no minuto 11 faria o 3 a 2. No minuto 13, novamente Paco volveria a marcar, poñendo o 4 a 2. Estaban sendo os mellores momentos do Ribeira, e Ismael apareceria para facer o 5 a 2 no minuto 14. Un minuto mais tarde, Donino volveria mollar, facendo o 6 a 2 que pareceria definitivo. Pero nada mais lonxe da realidade, nunha serie de despistes e falta de concentración, o Boqueixon conseguiria marcar 3 goles consecutivos, cando ainda quedaba un minuto para o remate do partido. Logo dun tempo morto, Ismael faria o definitivo 7 a 5 a falta de 25 segundos.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Borja (6), Ismael (7) e Kiko (14), actuando o longo do partido Donino (3), Felipe (10), Javi (23-p.s), Pablo (11) e Abelenda (2).

Con esta victoria, o Ribeira segue no segundo posto da taboa, con 28 puntos e a 5 do intratable Ventorrillo que segue contabilizando os seus partidos por victorias. O seguinte encontro sera en Miño, o Sábado 5, as 17 horas, rendindo visita o Xario Miño F.S, un equipo que ven de abandonar o farolillo vermello, despois da sua sorprendente victoria, na dificil e complicada, cancha do Mera.


4 comentarios:

  1. que lle pasou a Gerardo?.Mendez xa sei que esta arrastrando una lesion.Sorte nos seguintes partidos.

    ResponderEliminar
  2. nos ultimos partidos tampouco xogou o que esta de central na milagrosa,e tampouco o rapaz que xogou en castro dani que tamen son importantes para ese equipo,sobre todo dani que ten calidade.

    ResponderEliminar
  3. Luis leva tempo sin xogar. dani só xogou o partido de castro, e non sei cando poderá xogar de novo, xk xoga o fútbol e entrena os cativos da residencia.

    ResponderEliminar
  4. pois menos mal que eses non xogan,porque sin eles teñen bo equipo.Animo Ribeira e seguide como o estades a facer.

    ResponderEliminar