jueves, 17 de diciembre de 2009

Derrota en Mera

O Ribeira F.S saiu derrotado por 7 goles a 3, na sua visita a cancha do Hotel Torques Mera B. Neste encontro, o equipo de Manolo, viuse desbordado pola superioridade na maior parte do encontro por parte local e por un arbitraxe moi riguroso, que fixo que o Ribeira estivera condicionado en todo o encontro polas excesivas faltas acumuladas, na que o equipo local dispuxo de ata 4 dobres penaltis ao longo do encontro. Pésimo arbitraxe, pero tamen pésimo xogo amosado ao longo dos 40 minutos, na que o Mera foi xusto vencedor , amosando en todo o partido un futbol sala moi combinativo e de precisión. Ainda asi, o primeiro tempo daria comenzo cun gol no minuto 5 de Kiko, que poñia en ventaxe ao Ribeira. 3 minutos mais tarde, o Mera nun rapídisimo contragolpe, empataria o encontro. A partires de aqui daria comenzo o protagonismo arbitral, cando no minuto 8 o Ribeira xa estaba cargado con 5 faltas. No minuto 15, diante dun equipo desquiciado, o Mera adiantariase no marcador nunha perdida de balón na propia area. Noutro roubo de balón na defensa, 3 minutos mais tarde, o Mera volveria a marcar facendo o 3 a 1, pra que un minutos mais tarde, no 19 o Mera volvera a marcar, esta vez de dobre penalti inexistente, poñendo o 4 a 1 co que remataria o primeiro tempo.
No segundo tempo, a mesma tónica, moi mal xogo e excesivo castigo arbitral. No minuto 5, xa volveria de novo a marcar o Mera, poñendo o 5 a 1. No minuto 11, xa co equipo novamente cargado cas 5 faltas, viria o 6 a 1 con outro contragolpe moi ben finalizado. Na seguinte xogada, no 32, o 7 a 1. Recurtaria distancias un minuto mais tarde Ismael, en xogada persoal, facendo o 7 a 2. E no ultimo minuto, Iago anotaria o definitivo 7 a 3 co que remataria o encontro.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Borja (6), Ismael (7) e Kiko (14), actuando ao longo do encontro Donino (3), Iago Mendez (8), Javi (23 p.s) e Felipe (10).

Logo de 2 xornadas como visitante, o Ribeira F.S volverá a xogar como local no encontro correspondiente a xornada 14, na que recibirá a visita do Burela Turística, actual 4º clasificado. O encontro dará comenzo as 20 horas.

11 comentarios:

  1. Animo chavales que no decaiga ese animo que este sabado tambien teneis un partido dificil ante un Burela en muy buen estado de forma.
    Un saludo para Iago M. y Kiko desde Foz

    ResponderEliminar
  2. k si tios k si k maña vamos gañar!!! Concentraditos ehhhhhhh

    ResponderEliminar
  3. sen gerardo sodes medio equipo

    ResponderEliminar
  4. podedes informar que equipo de futbol sala de 1ªdivision esta en conversacions con Fredy o voso entrenador do ano pasado.
    Son Pablo Rodriguez,Ourense

    ResponderEliminar
  5. porque non xogan Dani e Gerardo

    ResponderEliminar
  6. Gerardo está lesionado, k se mancou nunha man e xa no partido de miño (alameda xarío) só xogou 2 minutos. E Dani só ven cando pode, xk entrena a equipos das categorías inferiores do Residencia e xoga o futbol no becerreá.

    ResponderEliminar
  7. Que paseis unas FELICES FIESTAS todos los componentes de este equipo,tanto jugadores,ex jugadores y demàs componentes del mismo.

    ResponderEliminar
  8. cando xogades contra melide? ides xogar no maraton de meira?

    ResponderEliminar
  9. Contra melide xogamos este sábado en melide as 7 da tarde, así k non podemos xogar o maratón.

    ResponderEliminar
  10. o maraton non é posible por coincidir co partido de melide, pero imaxino que tanto o maraton como o encontro de melide seran suspendidos.

    ResponderEliminar