lunes, 11 de enero de 2010

Os reis magos chegaron a Meira

O Club Ribeira F.S acodou unha moi importante victoria diante do 4º clasificado, o Burela Turística, no partido aprazado polo temporal da xornada 14, que finalmente se disputou o dia de reis, co resultado de 11 goles a 3.
Dende o inicio ata o final do encontro, o Ribeira mostrouse moi superior o seu rival, salientando que a mitades do primeiro tempo, o resultado xa reflectia un 6 a 0. O resultado ao descanso foi de 7 a 1.
No inicio do segundo tempo o guión foi moi similar, e o Ribeira seguiria mostrandose moi superior en todos os aspectos ao seu rival, chegando a poñerse 11 a 1 a falta de 7 minutos. Ca entrada do porteiro xogador por parte burelista, o equipo da costa conseguiria recurtar distancias ata poñer o 11 a 3 definitivo.

Polo Ribeira marcaron Borja (2), Kiko (2), Gerardo (2), Donino (2), Paco, Ismael e Iago Méndez.

Manolo formou de inico con Carlos (1), Paco (5), Ismael (7), Gerardo (8) e Iago Méndez (9), actuando ao longo do encontro Kiko (14), Borja (6), Donino (3), Felipe (10), Muñiz (2) e Javi (p.s 23).

1 comentario:

  1. o burela sin suso non é nada... pero aínda así moi ben polos da ribeira! cando veñades á costa hai q ganarlles outra vez, irei para velo.

    ResponderEliminar