miércoles, 17 de febrero de 2010

Victoria importantisima en Melide

O Ribeira F.S acadou 3 puntos moi importantes na sua visita a dificil cancha de Melide, en encontro anteriormente aprazado polo temporal de neve, con un partido moi completo por parte de todos os xogadores e que fixo que se esquecera o mal xogo amosado na anterior xornada co Castro.

Dende o primeiro momento o Ribeira foi a polo encontro e amosou un futbol sala de moita garra e coraxe que fixo que no minuto 3 Gerardo puxera o 0 a 1 no marcador. Este gol sentou como un xarro de auga fria para os locais, e un minuto mais tarde no 4, novamente Gerardo incrementaria a ventaxa co 0 a 2. No minuto 10, esta vez seria Ismael o que poñeria o 0 a 3. No 15, recurtaria distancias o Melide, con un gol de falta, pero xa no seguinte minuto Kiko apareceria para marcar o 1 a 4. O 1 a 5 seria obra de Donino no 17 e case o acabar o primeiro tempo Abelenda faria o 1 a 6 co que remataria o periodo inicial.

No segundo tempo, a consigna de Fredi era clara, que non se volvera a repetir o do ano pasado cando con unha renta de 5 goles o Ribeira acabara perdendo o encontro na segunda metade. A sorte aliouse no minuto 1 con un gol en propia meta dun xogador do Melide. Parecia que todo estaba para sentencia, pero o Melide non vaixaria os brazos, e no minuto 3 recurtaria novamente co 2 a 7. No minuto 10 novamente o Melide volveria a marcar o 3 a 7. A lesión de Gerardo e o 4 a 7 no minuto 13, fixo poñer algo de inquituede no encontro, pero Kiko no mesmo minuto encargariase de sentenciar o partido co 4 a 8. Finalmente e para rematar o encontro, Ismael no 17 faria o que a postre foi o resultado definitivo, 4 a 9.

Fredi formou de inicio con Javi (23), Donino (3), Ismael (7), Gerardo (8), Felipe (10), actuando ao longo do encontro Kiko (14), I.Mendez (8), Abelenda (2) e Pablo (11).

Con este resultado volvese a incrementar a ventaxa co terceiro clasificado (Mera B), en 5 puntos, a estela do xa intratable Ventorrillo que segue liderando a clasificación. O seguinte encontro diante do Santa Isabel de Outeiro de Rei, foi aplazado por petición nosa, polo que agradecemos a directiva do Santa Isabel o acceder o aplazamiento do mesmo.



7 comentarios:

  1. podeis comentar que le paso a vuestro portero, pues me comentaron que lo agredio un jugador

    ResponderEliminar
  2. Gracias por la cronica.
    Un saludo a todos, sois unos fenomenos.

    ResponderEliminar
  3. Tonecho a decisión da crónica do encontro foi cousa de Javi. Él é o fenómeno!!! Un saudo

    ResponderEliminar
  4. Animo Javi.Espero que foran rematando os dolores como ti dis en uns dias xa estaras perfecto,sobre todo con esa mentalidade que transmites.Un saudo de toda a miña familia

    ResponderEliminar
  5. como non xogades hoxe? cando ides xogar co outeiro

    ResponderEliminar
  6. O Ribeira pediu o aplazamiento porque tiña bastantes baixas por varios motivos e os de Outeiro accederon o aplazamiento do mesmo. O encontro ainda non ten fecha, pero xogarase entre semana xa que os dous equipos somos veciños como quen dice.
    Un saudo

    ResponderEliminar
  7. animo javi espero que no fuera nada y todo quedara en un susto. un saludo a todos y en especial a fredi.
    luis

    ResponderEliminar