lunes, 19 de abril de 2010

Nova goleada ao Xario

O Ribeira F.S logrou impoñerse por 8 goles a 2 ao Xario Miño F.S, un equipo que viña a Meira coa intención de sair dos postos baixos da taboa, e que quizais, non mereceu sair de Meira cunha goleado tan abultada.

Nunha primera parte bastante pobre en xogo por ambos equipos, adiantariase o Xario, no minuto 10, nunha perdida de balón en propia pista, que propiciaria o 0 a 1. 2 minutos mais tarde, no 12, Kiko conseguiria empatar o encontro, co 1 a 1. Parecia que co paso dos minutos, o Ribeira poderia conseguir abrir distancias no marcador, pero as boas intervencións do porteiro visitante e as perigosas saidas a contra dos de Miño, a piques estiveron de provocar algun disgusto na defensa local. Cando parecia que o primeiro tempo iba a acabar en taboas, Borja poñeria o 2 a 1, a falta de 12 segundos para o remate.

O segundo tempo daria comenzo co empate dos de Miño, aos 42 segundos, nunha rapida contra ben definida. Kiko volveria a adiantar ao Ribeira no marcador, co 3 a 2 no minuto 4. Ainda despois deste gol, o Xario seguia facendo o seu encontro, moi replegado atrás e esperando o fallo para poder ter opcions no partido. O encontro estaba resultando con moitas imprecisións e bastante soso, ata que o Ribeira conseguiu abrir a lata no minuto 14, cando Donino poñeria un tranquilizante 4 a 2. A partires de aqui, o partido daria un volco considerable e empezarian a chegar os goles. Nun minuto, no 15, Gerardo seria capaz de anotar 2 goles practicamente consecutivos, que sentenciaban o marcador co 6 a 2. Novamente Gerardo, e a falta de 3 minutos e cando o Xario actuaba con porteiro xogador, faria o 7 a 2, nun roubo de balón e zancada impresionante que o levou só a meta do Xario. Finalmente, Paco, a falta de 2 minutos, faria o 8 a 2 definitivo.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Ismael (7), Kiko (14) e Gerardo (24), actuando ao longo do encontro Donino (3), Borja (6), Felipe (10), Abelenda (2) e Iago (13 p.s).

O seguinte encontro terá lugar este Sabado 24 de Abril, no polideportivo de Meira, nun horario pouco habitual, as 12.30 horas, na que nos rendirá visita, o Mera F.S 'B', que ocupa a terceira posición, un equipo filial moi xoven e moi ben entrenado e que desplega un gran futbol sala. Dito encontro teria que disputarse a seguinte semana, pero ambos clubes acordaron adiantalo, por mor da disputa do campionato Autonómico Xuvenil, que terá lugar nese fin de semana.

Noutro orden de cousas, salientar que nesta xornada, o Ventorrillo F.S, proclamouse matemáticamente campeón de liga, cunhas estadisticas impresionantes, polo que acada o ascenso a categoria Nacional. Dende o Ribeira F.S, queremos felicitar o merecido logro e campeonato conseguido e desexarlle toda a sorte do mundo nesta nova etapa que se lles presenta.

9 comentarios:

  1. Bien chavales, ahora toca un hueso duro como es el Mera a por ellos eo a por ellos eo

    ResponderEliminar
  2. vades ir a copa diputacion organizada polo superti? se non vais, porque? non e compatible ca fase?

    ResponderEliminar
  3. A copa diputacion en principio non vai poder ser, xa que senon cambia a cousa, coincidiria coa eliminatoria de ascenso. Un saudo

    ResponderEliminar
  4. pero como xogades o sabado pola maña,estades seguros

    ResponderEliminar
  5. vos podedes coa eliminatoria e coa copa diputacion que non se diga, quen dixo medo tendo hopitales.

    ResponderEliminar
  6. bueno espero que contra el mera tengais un buen partido, pola maña non estais nada finos

    ResponderEliminar
  7. Ismael vai convocado cá seleción galega juvenil? Si é asi dexexarlle sorte.
    Moita sorte tamén para equipo na fase de ascenso.
    Un saudo dende Vilalba

    ResponderEliminar
  8. Isma si que foi convocado pola selección xuvenil e xogará a campeonato de España de Autonomías o 30, 1 e 2 de Maio en Toledo. Moitas gracias polos ánimos e a ver si vos conseguides dar xa unha estacada a salvación gañando en Arzúa. Esperavos unha cancha jodida, xa que alí fan moita presións aos arbitros.
    O partido de mañan si que é as 12.30, xa que os rapaces do Mera queren asistir o encontro pola tarde do primeiro equipo, no que se xogan medio ascenso ante o Carballiño.

    ResponderEliminar
  9. Felicidades a Ismael e moita sorte.
    Tamen quero saudar a Fredy o cal vin onte no palomar.
    Dantelu, sodes abusos ata na liga local (xa vos vale).
    Un saudo e animo para pelexar o ascenso, temos que demostrar que esta liga e moi superior a liga sur.

    ResponderEliminar