martes, 13 de abril de 2010

Partidazo e clasificación

O Ribeira F.S acadou brillantemente a clasificación matemática para disputar a eliminatoria de ascenso a primeira Nacional B, logo de vencer por 5 goles a 9, ao Boqueixón F.S. Dita eliminatoria disputarase a ida e volta, unha vez rematada a liga, co segundo clasificado do grupo Sur, rival ainda pendiente de concretarse. Pase o que pase, nada mais se pode dar as felicitacións a este enorme grupo que se conseguiu formar (entrenadores, delegadas, xogadores, o noso super presi...), xa que esto é algo que ninguén esperaba o inicio de temporada, e no que queda demostrado, que a piña e as gañas de salir a cancha sin presión e a divertirse, priman por encima de moitos factores. NORABOA!!!

Con respecto ao partido de Boqueixón, salientar que non pintaban ben as cousas ao partir cara o pavellón do Forte, xa que o equipo viaxaba totalmente en cuadro con 7 xogadores dispoñibles, dos cales, 2 eran porteiros, tivendo que actuar Iago como xogador de campo para dar algo de oxigeno o plantel. Cun calor e bochorno sofocante no pavellon, e cun Boqueixón que tamen fixo un moi bon partido, o Ribeira, probablemente fixo un dos seus mellores encontros de toda a temporada, brillando 1 por 1, os 7 xogadores desplazados.

O inicio do primeiro tempo e durante todo o encontro, fariase cunha tónica pouco habitual do Ribeira ao longo da temporada, actuando a defender a media pista e saindo a contra. O Boqueixon adiantariase no minuto 4, cando logo dunha falta ao borde da area, conseguiria o 1 a 0. O gol do empate viria no minuto 5, cando Kiko definiria con boa precisión unha boa contra. 1 minuto mais tarde, no 6, Gerardo poñeria por diante o Ribeira, facendo o 1 a 2. No minuto 9, novamente Gerardo, bateria de novo o porteiro do Boqueixón, facendo o 1 a 3. Seria o momento de Ismael, que poñeria o 1 a 4, no minuto 12. Parecia que o Boqueixón poderia meterse no encontro, recurtando distancias no 15, co 2 a 4. Pero antes de chegar o descanso, Donino faria un claro 2 a 5 co que remataria o primeiro tempo.

No segundo tempo, iba seguir o partido moi serio de todos os xogadores do Ribeira e xa no minuto 4, Kiko incrementaria a ventaxa co 2 a 6. Volveria a marcar o Boqueixón no minuto 8, poñendo o 3 a 6, pero un minuto mais tarde, novamente Donino, encargariase de distanciar o resultado co 3 a 7. O seguinte gol, seria obra de Gerardo, no 14, facendo o 3 a 8. E no seguinte minuto, Donino faria o ultimo gol do Ribeira, co claro 3 a 9 no marcador. O resultado seria maquillado polo Boqueixon, cando a falta de 4 minutos e 1 minuto respectivamente, colocarian o definitivo 5 a 9, co que remataria o encontro.

Fredi formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Ismael (7), Gerardo (8) e Kiko (14), actuando ao longo do encontro Donino (3) e Iago (24).

O seguinte encontro terá lugar o Sábado 17 de Abril, no polideportivo de Meira, e na cal, nos rendirá visita o Alameda Xario F.S, equipo que necesita dos puntos, para salir dos postos de descenso que actualmente ocupa. Dito encontro dará comenzo as 16.30 horas.

7 comentarios:

  1. espero que este partido lo ganeis,pues estan implicados bastantes equipos de la provincia de Lugo.

    ResponderEliminar
  2. Me alegro por todos vosotros de lo que estais haciendo esta temporada. daros la enhorabuena a todos y en especial a fredi y que sigais disfrutando asi.
    bujan

    ResponderEliminar
  3. bueno ahora que tedes asegurado o segundo posto,espero que sigais xogando pra ganar,pois algun dos equipos que estan polo final son de Lugo como dixo o 1º comentario.

    ResponderEliminar
  4. eh k si gañamos todos os partidos e o vento perde todos, somos campeones. hai k falar con sergio (chegou a hora dos maletines XDD) e por cierto, reivindicar k o club ainda nos debe 2 cenas.

    ResponderEliminar
  5. anonimo pon polo menos quen eres ou o dorsal que desconcertas a calquera...

    ResponderEliminar
  6. Felicidades a todos, especialmente a Carlos por el curre.
    Animo y a ganar todo menos el nuestro, nos vemos la ultima joranda.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  7. Moitas gracias Tonecho polas felicitacións e por animarte a participar no foro. Vemonos na ultima xornada e ogallá que sexa unha xornada intrascendente para vos e poidais sair sin presión, para disfrutar dun bon remate de temporada. Sorte para sabado cos nosos veciños de Vilalba, tedes un partido moi moi importante os 2 equipos.
    Un saudo

    ResponderEliminar