lunes, 21 de septiembre de 2009

Bon estreno

O Ribeira F.S estrenouse cunha merecida victoria por 6 goles a 4 diante do FS Cedeira, probablemente un dos equipos gallitos da categoría. O triunfo ten doble mérito, debido o número de baixas co que se afrontaba o partido. Adiantouse o Cedeira cun gol a mediados do primeiro tempo, pero a falta de 1 minuto para o descanso Paco de falta e despois de xogada personal conseguiria darlle a volta ao marcador. No segundo tempo saliu moi forte o Ribeira, e aunque o Cedeira tivo o gol do empate nun man a man con Javi que solventou ben, en 5 minutos máxicos, Paco en 2 ocasións e Kiko poñerían o 5 a 1 no marcador, ante a impotencia do equipo de Cedeira. Foi a partir deses momentos, cando o Cedeira sacou o porteiro xogador, e na que entre o acoso do rival, o cansancio fisico, e a mala sorte nosa cos tiros a porteria vacia, apretaron un pouco poñendo o 5 a 3. Nun roubo e ca porteria vacia, Kiko volvería a poñer a tranquilidade co 6 a 3, pra que no último minuto o Cedeira fixera o 6 a 4 definitivo co que remataría o partido.
Manolo formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Borja (6), Ismael (7) e Felipe (10), quedando no banco o porteiro suplente Javi (23) e Kiko (14).
Gran inicio e a esperar o siguiente partido diante do Caixanova Ventorrillo, o Sábado 26 na Coruña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario