lunes, 28 de septiembre de 2009

Derrota na Coruña


O Ribeira F.S saliu derrotado por 5 goles a 4 na sua visita ao Ventorrillo Caixanova da Coruña. Foi un partido trepidante e emocionante con varias alternativas no marcador e resolvendose nos últimos minutos a favor do equipo local. O certo e que non conseguimos desplegar un bo futbol sala, tiñamos moitas baixas, tendo que convocar algún xogador do equipo filial e ainda asi, merecemos haber sacado algún punto ao remate do encontro. Tamén e certo que o Ventorrillo tamen andaba moi xusto de rotacions e xogadores.
A primeira parte foi bastante igualada, na que o Ribeira conseguiria adiantarse no marcador cun gol de Donino a mitad do primeiro tempo. O Ventorrillo cargouse rapidamente de faltas, e tivemos a oportunidade de ampliar a ventaxa nun tiro directo sin barrera moi ben aturado por lo porteiro. Empataría o Ventorrillo cun gol de fortuna a falta de 10 segundos pra o remate, cando un rexeite en longo do porteiro do Ventorrillo sería peineado ca cabeza por un xogador colandose na porteria defendida por Carlos. Con empate a 1 remataria o primeiro tempo.
Na segunda parte o Ribeira saliu moi descentrado e descolocado, recibindo dous goles practicamente consecutivos nos primeiros 5 minutos e cargandonos cas 5 faltas no minuto 8 do período. Nunha boa combinación entre Ismael e Paco, este faría o 3 a 2. Quedaba moito partido por diante, cando nunha contra Ismael faría o 3 a 3. Non tardaría o Ribeira en darlle a volta o partido cun tiro de fora de area de Luis o cal poñería o 3 a 4. Ambos equipos afrontarían os últimos minutos do partido con moito cansancio físico, ante a falta de rotacións. A falta de 5 minutos o Ventorrillo teria a primeira oportunidade de empatar o partido cun dobre penalti atallado por Carlos. Un minuto mais tarde noutro dobre penalti, o Ventorrillo acadaria o gol do empate, pra que a falta dun minuto e medio conseguira o gol da victoria nunha contra ben finalizada. Ainda asi teríamos o gol do empate a 25 segundos do final, nun dobre penalti ben atallado polo porteiro do Ventorrillo.
En definitiva mal sabor de boca nun partido igualado e axustado por parte de ambos equipos.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Donino (24), Paco (5) , Ismael (7) e Felipe (10), quedando no banco Abelenda (3), Luis (4) e Javier (12).

O siguiente partido será no pabellón da Fonsagrada, contra un rival moi duro, o Concello de Arzúa, equipo descendido de Primeira Nacional B.

No hay comentarios:

Publicar un comentario