miércoles, 7 de octubre de 2009

Victoria diante do Concello de Arzúa

O Ribeira F.S acadou unha importante victoria por 5 goles a 3 diante do Concello de Arzúa, na terceira xornada de Liga disputado no pavillon de Fonsagrada. En líneas xenerais foi un partido bastante rocoso, ante un rival moi serio e moi ordenador. O partido empezaría cun gol do Arzúa o pouco de empezar o partido, nunha xogada na que o balón traspasara completamente a línea de fora de banda e os nosos xogadores quedaron parados esperando a que o arbitro marcara a mesma. Non tardaria o Ribeira en marcar o gol do empate a traves de Paco. O partido estaba sendo bastante trabado e duro. O Arzúa conseguiria poñerse novamente por diante, facendo o 1 a 2. A falta de 7 minutos, Borja empataría novamente o partido cun tiro lonxano de fora da area, que non conseguiría aturar o porteiro do Arzúa. A continuación teriamos a oportunidade de darlle a volta o partido con 2 dobres penaltis errados, e na ultima xogada do primeiro tempo, unha boa parada de Javi nun man a man evitaria marchar por detras no marcador ao descanso.
No segundo tempo empezaría o Ribeira moi forte, presionando moi arriba e tendo o control do partido. Neses intres chegaría o gol de Kiko poñendonos por primeira vez no partido por diante. Pouco tempo mais tarde, nunha xogada desafortunada, novamente o Arzúa volvería a poñer o empate no marcador. Neses intres, sacaría o Arzúa porteiro xogador, pero sin causar gran perigo. Nun roubo de balon Ismael conseguiria o 4 a 3 cun gol dende o noso campo. Novamente volveríamos a errar un dobre penalti moi ben aturado polo porteiro do Arzúa. O Arzúa teria o gol do empate noutro man a man con Javi, o cal volveu a solventar ben. A falta de 2 minutos, Kiko poñeria a tranquilidade co 5 a 3 definitivo.

Manolo formou de inicio con Javi (23), Paco (5), Borja (6), Ismael (7) e Felipe (10), actuando despois no partido Donino (3), Mendez (9), Pablo (11) e Kiko (14).

O siguiente partido, será en plenas festas do San Froilán, rendindo visita ao CFS Castro, equipo que este ano reforzouse moi ben, e no que milita o ex-Azkar Lugo Walter. O partido será o Sabado 10 de Octubro as 19.30 horas.

1 comentario: