miércoles, 25 de noviembre de 2009

Empate e Goles en Vilalba

Gran partido o que se viu o pasado Sábado no pavillon de Vilalba, entre o equipo local, Peugeot Vilalba e o Ribeira F.S. Un encontro marcado polo número de goles e o cal rematou co empate a 7, con duas partes ben diferenciadas, na que os de Vilalba serian os que dominarian o primeiro tempo, para que a partires do descanso foran os de Ribeira os que levaran a iniciativa de xogo e ocasións.
O encontro iniciariase cun gol os 45 segundos por parte dos de Vilalba, cun tiro raso de fora da area. O Ribeira tardaria 5 minutos en empatar por medio de Paco e 2 minutos mais tarde, Paco poñeria o 1 a 2 no marcador. Parecia que o Ribeira empezaria a ter controlado o partido, pero 2 minutos mais tarde, un rexeite de Carlos, seria aproveitado con algo de fortuna por un xogador local, logo de varios rebotes, para facer o empate. O Peugeot estaba aproveitando moi ben as suas ocasións a contra e cun Ribeira moi fallón en ataque e en defensa, fallando tamen 2 dobres penaltis. A partires de aqui, e a falta de 6 minutos, virian os mellores momentos por parte dos de Vilalba, con 3 goles en 4 minutos que farian poñer as cousas moi dificiles co 5 a 2 no marcador. A falta de minuto e medio Borja de doble penalti, recortaria distancias co 5 a 3, co que remataria o primeiro tempo.
No inicio do segundo período o Ribeira saliu a por todas, e cunha presión a toda cancha, no minuto 5 Ismael recurtaria distancias dando emoción o encontro co 5 a 4. Minutos mais tarde, no 9, Paco empataria o encontro. O Ribeira queria aproveitar os peores momentos dos de Vilalba, e no minuto 14 Borja poñeria por diante novamente o equipo co 5 a 6. A partires de aqui, o equipo local, estiraria liñas, e conseguiría empatar o encontro a falta de 5 minutos, para que a falta de 3 minutos, cunha afición totalmente volcada co seu equipo, o Peugeot Vilalba conseguiria poñerse por diante novamente co 7 a 6. Quedaba moi pouco tempo de partido, e Manolo deu entrada a Ismael como porteiro xogador, froito do cal, Borja faria o empate a falta de minuto e medio para o final. Non se moveria o marcador e o encontro remataria cun xusto empate a 7 goles.

Manolo formou de inicio con Carlos (1), Paco (5), Borja (6), Ismael (7) e Kiko (14), actuando despois ao longo do partido I.Méndez (8), Donino (3), Felipe (10) e Iago (13).

Cun ambiente impresionante e mais de 200 personas nas gradas, dende o Ribeira queremos agradecer a afición e directiva vilalbesa o trato recibido en todo momento. Tamen agradecer a todas as persoas desplazadas a Vilalba, e animalos a presenciar o seguinte encontro do Ribeira F.S, que terá lugar o Sábado 28, as 17.15 horas, ca visita do Boqueixon F.S a Meira, un equipo que marcha quinto na taboa e que o ano pasado acadara o subcampeonato de liga.

6 comentarios:

  1. MOITAS GRACIAS POLO AGRADECEMENTO, SON UN DIRECTIVO DE VILALBA, E NOS TAMEN ESTAMOS AGRADECIDOS TANTO A VOS E O NOSO EQUIPO, POLO BON PARTIDO, COMO A NOSA MARAVILLOSA AFECCIÓN.
    UN SAUDO, SORTE E ANIMO CON ESA PERSECUCIÓN O VENTORRILLO QUE NON ESTÁ TAN LONXE.

    ResponderEliminar
  2. vin o partido de vilalba e podo decir que calquera dos dous equipos podeis estar en categoria superior,foi moi bo e o que mais me gustou foi a depotividade dos dous equipos, esto si que facilita a labor arbitral que pasa desapercibida (ainda que sexan malos os arbitros) solo espero que outros equipos fagan o mesmo. Adrian

    ResponderEliminar
  3. Quiero mandar todo mi apollo al equipo y deciros que jugasteis bien contra un equipo que no se entrego en ningun momento gracias a su aficion.
    Ya os vi el año pasado en Naron y me gusto mucho,pero este año teneis mas banquillo y bueno.Me gustaria saber porque este año no dirige el equipo A.Mendez perdonar que pregunte esto es que lo conozco y se de lo que son capaces de hacer los equipos que el dirige por propia experiencia.
    Un saludo a todo el equipo en especial a Fredy (soy Daniel Garcia ex parrulo)

    ResponderEliminar
  4. Gracias a todos polo apoio. En resposta ao ultimo comentario, a razón deste cambio foi debido a que o ano pasado non tiñamos entrenador titulado e unha persona decidiuse a sacalo con visperas a dirixir o equipo unha vez rematado o curso. O fillo de Fredy xoga con nos, e pra non ser sancionados e como un favor, fixose cargo él do equipo. Con nos acadou unhos resultados moi bos, posto que colleu o equipo no ultimo lugar da clasificación e conseguiu mantelo sin pasar apuros. Un gran entrenador con moita garra e caracter.

    ResponderEliminar
  5. karpin, o fillo de fredy e o que xoga con vos co nº 9, e que penso que esta estudiando INEF conmigo e vino o dia que xogastedes co vilalba.
    un saudo pra todo o equipo e a sguir igual que o estabais a facer.

    ResponderEliminar
  6. Si, e o que xoga co numero 9. Na crónica do partido figura por erro co numero 8. Un saudo

    ResponderEliminar