viernes, 11 de diciembre de 2009

Nova Goleada en Miño


Encontro sin cor o que se disputou o Sábado no Municipal de Miño, no que o Ribeira acabou goleando e levando para o seu casilleiro tres novos puntos, logo de gañar por 1 a 9 o Xario Miño F.S.
O primeiro gol viria no inicio do encontro, no minuto 3, cando Paco nun bon contragolpe faria o 0 a 1, despois dun mao a mao co porteiro local. No minuto 6, Ismael poñeria o 0 a 2. Xa no minuto 9, Borja, dun punteirazo de fora da area, poñeria o 0 a 3. 1 minuto mais tarde, Dani, faria o 0 a 4, logo de deixar sentado a 3 rivais e definir de forma maxistral diante do porteiro local. E no minuto 12, de novo Borja, subiu o 0 a 5 no marcador. Con este resultado chegariase ao descanso.
O segundo tempo, seguiria ca mesma tónica do primeiro, con clara superioridade visitante. O sexto gol viria no minuto 6, obra de Paco. No minuto 12 Borja conseguiria o mellor gol do encontro, cando nun trallazo de fora da area, conseguiria colocar o balón na escadra dereita do Xario Miño. Un minuto mais tarde, Donino fixo o 0 a 8. No minuto 17 Kiko, en xogada persoal, faria o 0 a 9. O gol da honra do Miño viria a falta dun segundo para o remate do encontro.

Manolo formou de inicio con Javi (23), Paco (5), Borja (6), Ismael (7) e Kiko (14), actuando ao longo do partido Dani (24), Donino (3), Felipe (10), Abelenda (2), Iago (p.s 13), Pablo (9) e Gerardo (8).

Non hai cambios na clasificación, e o equipo segue ocupando o segundo posto, a 5 do Caixanova Ventorrillo. O seguinte encontro, novamente será como visitante, xogando na pista do Hotel Torques Mera B, actual 3º clasificado con 24 puntos. O encontro dará comenzo as 16.30, no Municipal de Canide.

7 comentarios:

  1. menos cenas e mas dar o callo........

    ResponderEliminar
  2. Eso xamais.
    Non existe nada mais importante para a boa marcha dun equipo que as cenas, e se son pagadas pola directiva moito mellor.
    Preguntadelle os meus, se gañamos este fin de semana a directiva paga a cena, algun esta adestrando sen parar dende domingo a noite.
    Un saudo

    ResponderEliminar
  3. Olvideime de comentar.
    Partido moi importante para vos o deste fin de semana.
    Xogades contra (o meu parecer) un dos mellores equipos da categoria.
    Depende en exceso dos veteranos, pero saben moi ben a que xogan e como teñen que facelo, e a pegada de Palmeiro e espectacular.
    Non marca moitisimos, pero nos momentos importantes, sempre aparece e mete os dous chicharros que fan que o partido caia do seu lado.
    E un partido interesante e se dou rematado o partido en Miño a tempo, acercareime a velo a Meira.
    Outro saudo.

    ResponderEliminar
  4. aver se aprendemos k en melide paga a directiva,jaja
    presi toma nota

    ResponderEliminar
  5. Gracia entrenador de Melide. Creo que va a ser un partido bonito, sabemos muy bien del potencial de Burela y aun nos sorprende mucho algunos puntos que se han dejado por el medio. La presión la van a tener ellos, nosotros ya casi hemos cumplido nuestros deberes en esta temporada, muchisimo antes de lo previsto. En cambio ellos estan hecho por y para ascender. Es un partido mas importante para ellos que para nosotros.
    Enhorabuena por la racha que llevais y nos vemos en la siguiente jornada.
    DIRECTIVA DIMISION!!!

    ResponderEliminar
  6. Informase k a directiva ten constancia de k no viaxe de retorno a Mera, e logo dunha derrota, houbo un corrillo de xogadores que no autobus estaban planificando outra cena e salida nocturna programada para hoxe xoves, 48 horas antes do importante encontro diante do Burela.
    O Sábado pode haber moitas novedades....

    ResponderEliminar