miércoles, 10 de febrero de 2010

Victoria clara en Arzúa

O Ribeira F.S venceu con mais facilidades das previstas ao Concello de Arzúa, en encontro correspondente a xornada 18 disputado no pavillón do Viso, en Arzúa.
Nunhos compases de encontro igualados entre ambos equipos, o primeiro gol do Ribeira seria obra de Donino, axustando o balón cun toque suave na porteria do Arzúa. 3 minutos mais tarde, no 12, Paco nun man a man co porteiro local, lograria o segundo gol picando con maestria o balón por enriba do corpo do porteiro. Novamente Paco, no minuto 16 volveria a anotar, facendo o 0 a 3 co que remataria o primeiro periodo.
O segundo período foi algo mais parexo que o primeiro, con ocasións por ambos lados, pero novamente seria o Ribeira o que volveria a anotar, por medio de Donino no minuto 7. Kiko de doble penalti, poñeria o 0 a 5 no minuto 15 e Paco no minuto 16, fixo o seu hat trick, poñendo un claro 0 a 6. A falta de 2 minutos, o Arzúa recurtaria distancias e novamente o Arzúa, a falta de 1 minuto, volveria a marcar facendo o 2 a 6 definitivo, co cal remataria o encontro.

Xogaron polo equipo agora dirixido por Fredi, Carlos (1), Paco (5), Ismael (7), Gerardo (8) e Felipe (10), actuando ao longo do encontro Donino (3), Kiko (14), I.Méndez (8) e Abelenda (2).

Na xornada 19, o equipo xogará como local en Meira o Sábado, nun derbi provincial, facendo visita o CFS Castro, un equipo en postos de descenso, pero moi perigoso con xente experimentada en superiores categorías. O encontro dará comenzo as 19 horas.

En outro orden de cousas, o encontro aplazado entre o Jim Sports Melide e o Ribeira, disputarase o Martes 16 de Febreiro as 18 horas en Melide.

9 comentarios:

  1. Estades imparables.
    Estou desexando xogar contra vos este martes para desfrutar dun partido de moitos goles (espero que mais nosos que vosos).
    Felicidades pola marcha do equipo e animo, pero como digo sempre esperade a estar a tope a semana seguinte a xogar con nos.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  2. A ver k aceis sin uno d los gemelos... aun keda muxa liga kien rie ultimo rie mejor

    ResponderEliminar
  3. espero que paco se recupere pronto

    ResponderEliminar
  4. Que volve a dirixir o equipo Fredy? pregunto por que o lein na cronica do Arzua,espero que xa este recuperado.O ano pasado sacou o millor de cada un e remontamos.Saludos a todos e que non pase o do ano pasado en Melide.

    ResponderEliminar
  5. Tonecho (Entrenador Melide)11 de febrero de 2010, 11:26

    Bromas a parte, sinto o do gemelo lesionado, espero que non sexa importante e que poida estar contra nos.
    Se perdemos que sexa contra os mellores e se gañamos tamen.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  6. que pasa co outro porteiro,que fai tempo que non xoga. e que lle pasou a paco.

    ResponderEliminar
  7. Ainda non se podo pensar no encontro de Melide, tonecho sabemos perfectamente o complicado e dificil que o vamos ter, pero ainda temos o partido na casa co Castro un equipo que vai vir hipermotivado polo resultado da primeira volta e que seguro que vai ser un partido moi distinto... nesta liga calquera rival pode darche un disgusto.

    O de Paco non foi nada grave, unha simple torcedura de nocello, esperase que poida xogar xa contra o Castro. E para o que preguntaba por Javi, decirlle que tivo un accidente domestico e que unhos puntos na cabeza impedironlle xogar. Este Sábado volverá...
    Animo rapaces e a tope Sabado e sen confianzas!!!

    ResponderEliminar
  8. non fiaros dos equipos da zona baixa e sair a comer o contrario como faciais antes porque o outro dia tardastedes en metervos no partido.animo e seguir asi que vos quiten o bailado

    ResponderEliminar
  9. O sábado pasado estivestes floxos, o mellor do ekipo foi o voso propio porteiro e iso xa di m8. A recuperar a línea q tiñades anteriormente!!! Un saúdo!!

    ResponderEliminar