martes, 9 de marzo de 2010

Enorme paso adiante

O Ribeira F.S retomou a competición, logo dun largo parón, volvendo a senda da victoria, derrotando a domilio o 4º clasificado, o Troula F.S de Betanzos, por 3 goles a 8. A victoria fraguouse sobre todo nun bon inicio de partido e un bon e completo segundo tempo.

Os primeiros minutos de encontro, foron totalmente visitantes, con moitas ocasións do Ribeira e tímidas contras locais. No minuto 4, Borja, coa colaboración dun defensa do Troula, convertiria o primeiro gol do partido. O Ribeira estaba a perdoar moitas ocasións, ata que Ismael no minuto 8, faria o 0 a 2. A raíz deste gol, virian os peores momentos do Ribeira e un maior empuxe por parte do Troula, que dispuxo de varios ocasions , incluso con un penalti errado , para reduir distancias no marcador. Ainda asi, seria o Ribeira o que volvería a marcar, cando Gerardo a falta de 38 segundos, remataria a pracer, facendo o 0 a 3 co que remataria o primeiro tempo.

O inicio do segundo tempo seria moi similar a do primeiro, cun Ribeira totalmente volcado na area local e errando ocasións de gol, ata que Borja no 5, puxo o 0 a 4. Gerardo faria o 0 a 5 no minuto 8. Kiko de falta directa ao borde da area, faria o 0 a 6, no minuto 11. O Troula recurtaria distancias de dobre penalti, no minuto 13. Kiko, tamen de dobre penalti, poñeria o 1 a 7. A falta de 5 minutos, desta vez novamente Borja de dobre penalti, o 1 a 8. O Troula maquillaria o resultado no minuto 16, co 2 a 8. E a falta de 2 minutos, nun rexeite de dobre penalti, o definitivo 3 a 8.

Fredi formou de inicio con Carlos (1), Donino (3), Borja (4), Ismael (7) e Gerardo (8), actuando ao longo do encontro Kiko (14), Iago (9), Felipe (10), Javi (23 p.s) e Abelenda (2).

Cos resultados da semana o equipo mantense no segundo posto con 48 puntos, a 13 puntos do lider, Ventorrillo. O terceiro clasificado e o Mera B, o que se aventaxa en 7 puntos. O seguinte encontro terá lugar no pavillón de Meira, o Sábado 13 de Marzo as 16:30 horas, visitandonos o campeón de liga do ano pasado, o Loterias Mexillon de Ouro de Rianxo.

5 comentarios:

  1. bravo rapaces outromais pro saco e xa quedan menos a seguir asi.

    ResponderEliminar
  2. ¿Cal é o voso obxectivo? ¿Ascender?

    ResponderEliminar
  3. O noso obxetivo xa esta cumplido dende fai varias xornadas... Se a principios te tempada nos dixeran que a estas alturas estariamos asi, ninguen o creería. O de ascender e practicamente imposible, o no so problema non vai ser so económico.
    Un saudo a todos

    ResponderEliminar
  4. As 19 horas xoga o Vila de Meira de baloncesto.

    ResponderEliminar