jueves, 8 de abril de 2010

Valiosos puntos en Outeiro

En partido aprazado da xornada 20, o Ribeira F.S venceu por 4 goles a 7 o Santa Isabel F.S, en encontro disputado no polideportivo de Outeiro de Rei, en parte gracias a un bon inicio de partido e un gran segundo tempo, que fixo levar pra casa unha victoria cómoda.

O inicio do Ribeira seria fulvurante, xa que no minuto 3, Gerardo faria o primeiro gol do encontro. Novamente Gerardo no minuto 4, volveria a marcar, facendo o 0 a 2. No minuto 6, desta volta Felipe, poñeria o 0 a 3. O equipo estaba a amosar un bon futbol sala, ainda que con excesivas faltas, que fixo que chegaramos moi rapido o bonus das 5 acumuladas. No minuto 9 recurtaria distancias o Santa Isabel, co 1 a 3. Novamente, e desta vez de dobre penalti, o Santa Isabel parecia meterse no encontro, co 2 a 3, no minuto 12. Ainda quedaban moitos minutos por diante, pero o marcador non se moveria e asi acabaria o primeiro tempo, coa incertidumbre do 2 a 3 no marcador.

O segundo tempo, foi de un guión moi similar o do primeiro, con un bon inicio, no que Felipe aos 45 segundos poñia o 2 a 4. No minuto 3, outra vez Gerardo, facia o 2 a 5. No minuto 6, Gerardo anotaria o seu cuarto gol da noite, co 2 a 6. Desta vez, apareceria a estela de Paco, que no minuto 8 facia un claro 2 a 7, que prácticamente sentenciaba o encontro. O equipo de Outeiro maquillaria o encontro a falta de 2 minutos co 3 a 7 e novamente a falta de 41 segundos, co 4 a 7 definitivo.

Fredi formou de inicio con Javi (23), Paco (5), Ismael (7), Gerardo (8) e Felipe (10), actuando ao longo do encontro Borja (4), Kiko (14), Donino (3) e Iago (13 p.s).

Con esta victoria o equipo suma 61 puntos e segue segundo na taboa, aumentando a diferencia de puntos co terceiro (Mera F.S), ata os 13 puntos . O primeiro posto o segue ocupando o Ventorrillo F.S, que de acadar a victoria esta xornada, proclamariase automáticamente campeón de liga. O seguinte encontro terá lugar no pavillon do Forte, rendindo visita o Boqueixón F.S, en encontro que dará comenzo as 20 horas.

5 comentarios:

  1. Queria preguntaros se o final ides ascender ou non,deixando a parte que ides quedar segundos e que ides xogar a previa contra os do sur,seguro que quedan plazas e gustariame saber se ides a cambiar de categoria.

    ResponderEliminar
  2. Me podriais decir si va seguir Fredi con vosotros para el año.

    ResponderEliminar
  3. Entrenador Melide9 de abril de 2010, 10:06

    A min persoalmente gustariame que subirades, creo que tedes equipo suficiente e boa actitude. Tamen penso que os ascensos terian que ser para os que os gañan como e o voso caso.
    Felicidades polos resultados, animo, e saudos para todos especialmente para Carlos e Javi.
    Sobre o de Fredi, tamen penso que seria un acerto que poidera seguir con vos o ano que ven.
    Un saudo e vemonos en poucas xornadas.

    ResponderEliminar
  4. De momento ainda temos que acabar a temporada e despois xa se valorará todo, xa se comentou varias veces de que non é so cuestión de cartos. De todas formas, imaxino que si haberá plazas libres para xogar. Hoxe vamos a boqueixón conn 5 xogadores de campo e 2 porteiros, menudo panorama!!!

    ResponderEliminar
  5. Noraboa,fixestes un partido bonito pras poucas rotacions de banquillo que tiñades.
    E tamen noraboa o mister que soupo a que xogadores rivales tiña que tapar en todo momento,animo e seguide asi
    Nori,Boqueixon

    ResponderEliminar