miércoles, 19 de mayo de 2010

Fin da Liga Regular e a polo Ascenso

O Ribeira F.S rematou a liga regular do grupo Norte de Autonómica Norte, vencendo por 8 goles a 4 o Jim Sports de Melide, nun econtro moi aberto e sin nada en xogo, por parte dos dous equipos, que fixo que se sucederan as ocasions ao longo de todo o encontro, tanto nun bando como en outro. Ainda asi, victoria merecida por parte do Ribeira, que levou o peso e a iniciativa no marcador, ao longo de todo o partido. O resultado ao descanso xa reflectiu un claro 5 a 2. Marcaron polo Ribeira Iago Méndez e Borja, ambos en 3 ocasions e Ismael, que conseguiu batir a porta melidense en 2. Resaltar o debut esta temporada de Jorge, que a bon seguro será un bon reforzo ante a plaga de baixas que sofre a escuadra, xusto no momento mais importante da temporada.

Fredi formou de inicio con Carlos (1), Borja (4), Paco (5), Ismael (7) e I.Méndez (9), actuando ao longo do encontro Iago (13 p.s), Jorge (8) e Felipe (10).

Este Sábado 22 de Maio, o Ribeira disputará o partido de ida para o ascenso a Primeira Nacional B, rendindo visita o subcampeón do grupo Sur, o Erickrause F.S de Mos. O encontro dará comenzo as 18 horas e terá lugar no pavellon Municipal de Porriño. Agardemos un bon resultado, para afrontar a volta en Meira con plenas garantías de solventar a eliminatoria. Vamos rapaces!

6 comentarios:

  1. Bueno espero que los lesionados se recuperen pronto, pues para estos partidos si que se necesitan a todos. Paco cuidate esa pata,Carlos recupera el tobillo rapido y Javi dale poco movimiento a esa muñeca para que se ponga bien y al resto que no fuercen estos dias ni en liga local, ni universitaria,ni en las pachangas.
    Fredy

    ResponderEliminar
  2. Animo a todos para este fin de semana.
    A min tocame animar o Vento que xoga na casa, o segundo partido voso tentarei ir a animarvos.
    Facedelle caso a Fredy, coidadevos esta semana e a gañar, si ou si.
    Un saudo dende Melide.

    ResponderEliminar
  3. Moita sorte para o encontro, de seguro que para o ano que ven volvémonos atopar na pista. unha aperta

    Comentar que tamén, o sábado 22 ás 19.30horas no pavillón do Ventorrillo, xogamos a final do campionato galego contra o Bembrive na que temos que defender un 2-3 ó noso favor.

    Contamos có voso apoio. unha aperta

    http://futbolsala.ventorrillo.org
    http://ventorrillofs.foroweb.org

    ResponderEliminar
  4. Gracias polos animos e moita sorte para vos tamen. A manter esa renta e a poñer o broche en Almería, a fenomenal temporada que fixesteis.
    Tonecho o partido de volta se non hai novedad sera as 6 da tarde. Ogalla poidas vir vernos. Moitas gracias a ti tamen polos apoio ao largo de toda a temporada.
    Un saudo

    ResponderEliminar
  5. Tedes como minimo a baixa de Iago,pois ten rotura dun dedo do pe

    ResponderEliminar
  6. que lle pasou a iago que o vin onte escayolado e con muletas

    ResponderEliminar