miércoles, 12 de mayo de 2010

Madrugón e Gran Victoria en Burela

Bon partido o que disputou o Ribeira F.S no pavellón de Vista Alegre de Burela, na que foi a visita o terceiro clasificado, o Burela Turística, en encontro celebrado na mañan do Domingo. O resultado final, 3 a 8, cun primeiro tempo bastante igualado e nun segundo período no que o equipo ribeireño mostrouse moi superior o seu rival en todo momento.

O encontro daria comenzo con ambos conxuntos querendo levar o peso do xogo, un Burela cunha presión a toda cancha e o Ribeira esperando a media pista e saindo a contra con xogadas moi rapidas. O primeiro gol seria obra de Kiko, no minuto 8, cando moi escorado na banda e case sen angulo, consegueria colar o balón na escadra do meta do Burela. Pouco duraria a alegria o equipo de Ribeira, porque un minuto mais tarde, o Burela empataria o encontro, nunha xogada de desgracia, na que tras varios rexeites na area, o balón seria empurrado en propia meta por un xogador visitante. Nesta fase do encontro as ocasións eran bastante parexas, ainda que era o Ribeira o que dispoñia das mais claras e non conseguia perforar a meta local. Finalmente, Donino no minuto 16 e de dobre penalti, conseguiria marcar o 1 a 2 co que remataria o primeiro tempo.

O segundo tempo daria comenzo de maneira brillante para o Ribeira, xa que Ismael aos 37 segundos, faria o 1 a 3 con un tiro axustado dende fora da area. Novamente Ismael, en xogada persoal, no minuto 4, faria o 1 a 4. Eran os mellores momentos do Ribeira e os momentos mais imprecisos do Burela, que no minuto 5, veria o gol de Donino, que poñia o 1 a 5. A falta de 8 minutos, o Burela intentario con porteiro xogador, pero unhas veces a boa defensa e outras o acerto de Iago, desbarataban as opcións burelesas. Gerardo a falta de 5 minutos, poñia o 1 a 6, nunha saida moi rapida a contra. Novamente Gerardo, no minuto 16, volveria a marcar, poñendo o 1 a 7. Recurtaria distnacias o Burela, co 2 a 7 no minuto 17. Gerardo anotaria o terceiro gol na sua conta cando nada mais faltaban 29 segundos e na seguinte xogada o Burela, faria o definitivo 3 a 8, co que remataria o encontro.

Fredi formou de inicio con Carlos (1), Donino (3), Ismael (7), Kiko (14) e Gerardo (24), actuando ao longo do encontro Borja (4), I.Méndez (8), Abelenda (2) e Iago (p.s 13).

O Ribeira disputará este Sábado o último encontro de liga en Meira, no que recibirá a visita do Jim Sports de Melide, antes de afrontar a eleminatoria de ascenso a Primera Nacional B. O encontro dará comenzo as 16.30 horas.

3 comentarios:

  1. quien es el número 9, q jugó en Burela y en la crónica no aparece?
    jugador muy interesante. Gracias

    ResponderEliminar
  2. noraboa pola tremenda tempada que fixestes, e ainda que ascendades os dous a ver se lle gañades os de vigo....

    ResponderEliminar
  3. Felicitar a toda la plantilla del Ribeira pero en especial al entrenador que teneis por los animos que da a los equipos que estabamos con la soga del descenso eso es un señor y eso es lo que hace que nos llevemos bien en este deporte

    ResponderEliminar