miércoles, 26 de mayo de 2010

A rematar a faena en Meira

O Ribeira F.S volveu de Porriño con ventaxa dun gol, na eliminatoria de ascenso a Primeira Nacional B, logo de vencer ao Erichkrause Vigo, por 5 goles a 6. Ainda que o resultado deberia darse por bon, a realidade deixa un sabor agridulce, xa que o Ribeira marchou de volta a casa ca sensación de poder haber dado un paso moi importante na eliminatoria, logo de botar polo chan unha renta de 3 goles e baixar os brazos nos ultimos minutos, que fixo que o Erichkrause se metera na eliminatoria.

O primeiro tempo non empezaria con bon pe, xa que no minuto 3, os locais , lograrian o primeiro gol do encontro, na sua primeira chegada a porteria. Ainda asi non tardaria en responder o Ribeira, que no minuto 4 e no minuto 5, conseguiria darlle a volta ao marcador, con goles de Donino e Paco respectivamente. No minuto 9, novamente Paco, volveria a marcar, facendo o 1 a 3 no encontro. Ainda que as ocasións eran moi parexas nos dous equipos, o Ribeira tiña a sensación de ter o control do partido en todo momento, pero a falta de 5 minutos para o final, viria o primeiro contratempo do Ribeira, ca lesión de Paco, que lle impediu actuar ao longo do resto do encontro. Co resultado de 1 a 3, remataria o primeiro tempo.

O segundo período iniciariase de maneira maxistral, xa que aos 15 segundos, Borja, daria un golpe de efecto co 1 a 4. O Ribeira empezaba creando numerosas ocasións de gol, pero non era capaz de definir ante a meta rival. No minuto 8, recurtaria distancias o Erichkrause co 2 a 4. No 12, volverian a marcar os locais co 3 a 4, causando algo de incertidumbre no resultado. O Ribeira volveria a poñerse as pilas, e un minuto mais tarde, Jorge no segundo pao peinaria o xusto o balón, para poñer o 3 a 5. A falta de 5 minutos, viria outro contratempo para o Ribeira, ca lesión de Iago, que tamen lle impediu rematar o partido. Ainda asi, Kiko nunha boa contra, poñeria o 3 a 6, no minuto 16, que semellaba podia ser definitivo. Pero outra vez o Erichkrause volveria a anotar 2 goles mais, cando peor tiñan as cousas, a falta de 2 minutos e de 20 segundos para o remate, facendo o 5 a 6, que a postre seria definitivo.

Fredi formou de inicio con Carlos (1), Donino (3), Borja (4), Paco (5) e Ismael (7), actuando ao longo do encontro I.Méndez (9), Kiko (14), Jorge (8) e Iago (13 p.s).

Dende este blog queremos aproveitar a ocasión, para agradecer o trato dispensado polo Erichkrause F.S na nosa visita e asi mesmo, tamen, as aproximadamente 15 persoas, que se aghegaron a Porriño para dar o seu respaldo ao equipo. E por último, dar unha aperta e desexar unha pronta recuperación a Iago, logo de seu infortunio que lle impedirá poder disputar o partido de volta en Meira ao igual que Paco, que será moi complicado que poida actuar, facendo de este remate de temporada, un autentico suplicio para o Ribeira, en canto a lesións e problemas fisicos.

Finalmente, o partido de volta desta eliminatoria, será o Sábado 29 de Maio en Meira, no que esperemos poder rematar a faena iniciada en Porriño. O partido dará comenzo as 18 horas. Agardamosvos a todos no pavellón...


5 comentarios:

  1. Animo a todos os compoñentes do EQUIPO e que o prósimo partido acabe sendo unha festa pra todos vos,e muy especial pra fredy que o merece

    PD. Iago que teñas unha pronta recuperación e sorte nos examenes que os practicos quero ver como os fas. Ese ATLETICO HASTA LA MUERTE

    KUN AGUERO

    ResponderEliminar
  2. SOMOS DE PRIMEIRA B!!!

    ResponderEliminar
  3. Animo Ismael espero que non fose nada grave.
    E pra todo o resto F E L I C I D A D E S

    ResponderEliminar
  4. ¿Como foi o partido? Ascendestes??

    ResponderEliminar
  5. ¿Como foi o partido? Ascendestes...

    ResponderEliminar